O mercado de artesanía xuvenil da Pobra celebrarase o vindeiro 11 de xullo

06 Xullo 2021

O mercado de artesanía local xuvenil da Pobra vaise celebrar finalmente o vindeiro 11 de xullo, o Cantón da Leña, en horario de 10.00 a 13.30 e de 16.00 a 20.00 horas. Trátase dunha iniciativa de dinamización comercial e creativa impulsada por un grupo de mozas e mozos do municipio e conta coa colaboración do Concello, a través da Área da Mocidade, da cal é titular o edil José Andrés Lojo (Nós Pobra).

Con esta proposta a prol da creatividade e o emprendemento xuvenil preténdese, ademais de contribuír á posta en valor do talento da xente nova da localidade, apoiar e buscar novas saídas aos proxectos xuvenís existentes na zona, así como darlles saída ás creacións das persoas que decidan participar.

Todas aquelas mozas e mozos que desexen sumarse aínda están a tempo ata o día 8 de xullo para se anotaren a través do enderezo electrónico mocidade@apobra.gal.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“El verdadero líder”. Alberto Barciela

“El verdadero líder”. Alberto Barciela

​El viaje a España de Robert Prevost, convertido en el Papa León XIV por decisión de un concilio, ha trascendido la mera visita institucional para transformarse en un acontecimiento del espíritu. En Madrid, como lo hará en Barcelona y Canarias, ha emergido con nitidez...