O director do IGAPE visita o Xanxo da Pobra e reivindica os esforzos do sector comarcal por transformarse

16 Xullo 2021

O director do Instituto Galego de Promoción Económica (IGAPE), Fernando Guldrís, visitou este 16 de xullo as instalacións de Xanxo Servizos Turísticos, establecemento hostaleiro na Pobra do Caramiñal que é un referente non só do seu sector, senón tamén do ámbito da transformación tecnolóxica. Guldrís salientou na Pobra “a importante aposta pola dixitalización que está a levar a cabo o tecido produtivo da nosa comarca”.

Tamén destacou as posibilidades que ofrece a pemes e autónomos galegos o programa Cheque Dixital, que vén de abrir unha nova convocatoria e que permitiu, desde o seu lanzamento en xuño de 2020, impulsar preto de 2400 proxectos en Galicia e investimentos por importe de máis de 11,5 millóns de euros. No caso concreto da comarca do Barbanza, foron medio cento de iniciativas, que mobilizaron preto de 200.000 euros, “contribuíndo así á adaptación tecnolóxica do tecido produtivo2, explicou.

Guldrís lembrou que o Cheque Dixital tamén achegou o seu apoio ao dito establecemento da Pobra, que obtivo un importante respaldo para adaptar os seus sistemas de xestión de contidos electrónicos, como menús ou cartas, ademais de apostar polas novas tecnoloxías nos procesos de comercialización. “Xanxo é un referente no sector hostaleiro da comarca desde hai catro décadas, e agora ten sabido adaptarse aos novos tempos”, incidiu Guldrís, que apuntou que neste proceso de adaptación a empresa se ten beneficiado tamén do programa de axudas para o acondicionamento de terrazas.

Guldrís resaltou que coa segunda convocatoria do Cheque Dixital, cuxo período de solicitudes ficará aberto ata o 30 de setembro, a Xunta aspira a chegar a máis de 1.000 autónomos e pemes, favorecendo deste xeito a mellora da súa competitividade a través do fomento de proxectos no eido da dixitalización. “Unha transformación que debe chegar a todo o tecido empresarial, desde as grandes ás pequenas empresas, e a todo o territorio, especialmente ao ámbito rural”, sinalou, engadindo que a dita liña suma un orzamento de 4 millóns de euros, abranguendo desde a habilitación de sistemas de control de aforo ou de normas de calidade da COVID-19, ata outro tipo de melloras como a aposta por mecanismos de cartelería electrónica, sistemas de notificación en móbil, automatización de procesos regulados, ou a aplicación de solucións de conectividade e incorporación do teletraballo ou relativas á ciberseguridade.

Outros artigos

Atlántica trae á Pobra dous espectáculos de narración oral

O Festival Atlántica volve levar novas historias a diferentes puntos da xeografía galega e parte da portuguesa no verán deste 2024. Narración oral e paraxes fundiranse unha vez máis con numerosos espectáculos de narración oral. A Pobra do Caramiñal é unha das...

+

A Pobra recibe a bandeira azul para a praia da Lombiña-Cabío

A praia da Lombiña-Cabío é un dos areais recoñecidos coa bandeira azul pola Asociación de Educación Ambiental y del Consumidor (ADEAC) neste 2024. O acto de entrega das 140 bandeiras azuis que corresponden a Galicia -114 praias, 11 portos deportivos e 15 centros...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Auditorio” – José Manuel Pena

“Auditorio” – José Manuel Pena

Xa é unha grata realidade, o novo auditorio. Ribeira, necesitaba un auditorio en condicións e adecuado ao seu número de habitantes e da importante poboación da propia comarca do Barbanza. Este pasado sábado chegouse a inaugurar oficialmente, coa presenza de diferentes...