O Concello de Outes achegou unha listaxe pormenorizada das estradas, camiños e accesos nos que se veñen de levar a cabo traballos de mellora, mantemento e acondicionamento. As tarefas desenvolvéronse ao longo das últimas semanas nunha decena de vías do termo municipal, achegando accesibilidade e seguridade no viario.

Son as seguintes: camiño Loios – As Touzas (Valadares), camiño de Valadares a Asenso (Valadares), acceso a Gende (San Ourente), pavimentado dos viarios na Barreira (Outes), camiño de Buíste a Mourelos (San Ourente), pavimentado do acceso a Mourelos (San Ourente), pavimentado do acceso a Gallardo (Cando), camiño de San Lourenzo a Mastontán (San Lourenzo) e camiño de Requeixiño a Tavilo (San Cosme).