O ciclo Vilancicos de Galegos chega este venres a San Martiño de Noia cun concerto de Vox Stellae

29 Xullo 2021

A Igrexa de San Martiño de Noia será este 30 de xullo o escenario dun concerto do ciclo Vilancicos de Galegos, a cargo do do coro Vox Stellae. A actividade, prevista para as 21:15 horas, encádrese nun proxecto cultural (o devandito ciclo) organizado pola Fundación Araguaney-Puente de Culturas, a Secretaría Xeral de Política Lingüística da Xunta de Galicia e o coro Vox Stellae. Abéirase ao Fondo de proxectos Xacobeo 21-22 da Consellería de Cultura e Educación.

O ciclo constará de dous concertos, ambos en templos especialmente relevantes de diferentes rutas do Camiño de Santiago, co obxecto de difundir contidos en lingua galega, o patrimonio cultural e as rutas de peregrinación xacobeas. Celebrarase o primeiro concerto en Noia, este venres 30 de xullo, ás 21:15 horas na Igrexa de San Martiño de Noia. Para asistir é preciso solicitar invitación desde o 19 de xullo ata o día 30 ás 12 horas no correo programacionconcellodenoia@gmail.com. As persoas interesadas poderán solicitar dúas invitacións por persoa.

O coro Vox Stellae nunha imaxe de Maia Rey

O programa do concerto está composto por 13 pezas, divididas en tres grupos temáticos segundo criterios musicolóxicos: dúas obras que non son propiamente vilancicos de galegos, senón obras de cancioneiros ibéricos dos séculos XVI e XVII; cuatro pezas chegadas de América; e sete vilancicos de galegos creados para catedrais españolas como Valladolid, Lleida, Valencia, Salamanca ou Zaragoza.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“El verdadero líder”. Alberto Barciela

“El verdadero líder”. Alberto Barciela

​El viaje a España de Robert Prevost, convertido en el Papa León XIV por decisión de un concilio, ha trascendido la mera visita institucional para transformarse en un acontecimiento del espíritu. En Madrid, como lo hará en Barcelona y Canarias, ha emergido con nitidez...