O Centro Cultural Lustres Rivas de Ribeira acolle a exposición Estirpe de Poseidón II de Carlos Pereira

28 Xullo 2021

Carlos Pereira Martínez (Montevideo,1959), licenciado en Xeografía e Historia, exporá no Centro Cultural Lustres Rivas de Ribeira a súa proposta pictórica Estirpe de Poseidón II. A mostra estará aberta ata o vindeiro 4 de setembro, e poderá ser visitada de luns a venres de 10 a 14 e de 19 a 21 horas, así como os sábados de 11 a 14 horas. A entrada é gratuíta para tódolos interesados en asistir.

Estirpe de Poseidón II é a continuación da primeira entrega, co artista mergullándose no mundo submarino entre o real e o surreal, cun bestiario de fillos e fillas do deus dos martes, facendo un repaso das orixes da vida destas figuras fantásticas.

Carlos Pereira ten publicado numerosos libro e textos de diversas temáticas. Entre os seus títulos máis destacados atópase Os Habitantes do Lago. Doutra banda o historiador tamén ilustrou números de revistas como Ó Loro, Galería ou Suevia. Ademais fixo varias colaboracións en diversos concellos de Galicia e Portugal, con numerosas exposicións, como as realizadas en Noia e San Amaro.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Colleita 2026, máis galega” – Xosé González Martínez

“Colleita 2026, máis galega” – Xosé González Martínez

Nunha mañá fría de xaneiro de 1936, ao pé do lume da lareira da Casa dos Ulloa, en Esposende (Ribadavia), Álvaro das Casas, escritor e dinamizador cultural do galeguismo, reuniu un grupo de colleiteiros do Ribeiro para propoñerlles a creación da Unión de Colleiteiros...

“La sociedad deslumbrada”. Alberto Barciela

“La sociedad deslumbrada”. Alberto Barciela

LA SOCIEDAD DESLUMBRADA Es más que probable que estemos viviendo deslumbrados, ciegos de tanta luz y de tanta pantalla, concibiendo ilusiones y expectativas vanas, ofuscados, enceguecidos. Creo que la palabra que todo lo puede sintetizar, al menos lo que quiero...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.