O BNG da Pobra recollerá sinaturas este sábado contra a suba da luz

09 Xullo 2021

Este sábado 10 de xullo a partir das 11 da mañá a agrupación do Bloque Nacionalista Galego da Pobra inicia unha campaña encontra da suba do recibo da luz. Ese día os representantes locais do BNG estarán na alameda recollendo sinaturas en contra desta subida das tarifas eléctricas. Amais, en vindeiros días anunciarán novas actuacións.

Esta campaña súmase ás que se están a realizar noutros concellos da nosa comarca polos grupos locais do BNG, como por exemplo en Ribeira e máis en Boiro, onde se recolleron centos de sinaturas das veciñas e veciños.

A agrupación lembra que é inadmisíbel a escalada do recibo da enerxía eléctrica e como este feito está a afectar negativamente á nosa cidadanía e máis ás empresas, que pagan cada vez máis polo servizo, malia ser Galicia unha das principais fontes de electricidade de España.

O BNG defende a intervención pública no sector enerxético e, para este obxectivo, xa puxo sobre a mesa medidas concretas. A redución do IVE da luz ao 4% fronte ao 21%, unha tarifa eléctrica galega e a creación dunha empresa pública galega de enerxía son tres das claves para facer posíbel esta proposta, apuntan dende o BNG.

Outros artigos

O filme Salvaxe, Salvaxe proxéctase o 16 de outubro na Pobra

O vindeiro venres 16 de outubro, o Cine Elma da Poboa do Caramiñal acolle a proxección de Salvaxe, salvaxe, película incluída na programación contratada pola Deputación da Coruña dentro do seu compromiso co impulso da cultura e co acceso á actividade cultural nos...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Cuando la huelga cambia de destinatario”. José Castro López

“Cuando la huelga cambia de destinatario”. José Castro López

Vaya por delante que la huelga es una conquista consagrada que tienen los trabajadorespara reivindicar y defender sus derechos. De hecho, en lo que llevamos de democraciatodas las huelgas generales se convocaron por razones laborales contra las políticas delGobierno...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.