Noia acollerá o 30 de xullo primeiro concerto do ciclo Vilancicos de Galegos

21 Xullo 2021

A Fundación Araguaney-Puente de Culturas, a Secretaría Xeral de Política Lingüística da Xunta de Galicia e o coro Vox Stellae presentaron este 20 de xullo o ciclo de concertos Vilancicos de Galegos, proxecto realizado ao abeiro do Fondo de proxectos Xacobeo 21-22 da Consellería de Cultura e Educación (Secretaría de Política Lingüística). Colaboran nesta acción os Concellos de Noia e Muxía. Trátase de reivindicar e mostrar pezas escritas na nosa lingua, ligadas ao Nadal e feitas por compositores foráneos nos séculos XVII e XVIII, onde os galegos son os protagonistas.

Á rolda de prensa, que se celebrou no hotel Eurostars Araguaney de Santiago, asistiron o presidente de honra da Fundación Araguaney-Puente de Culturas, Ghaleb Jaber Ibrahim; o secretario xeral de Cultura da Xunta de Galicia, Anxo Lorenzo; o director de Vox Stellae, Luís Martínez; e o concelleiro de Cultura do Concello de Noia, José Pérez.

O ciclo consta de dous concertos en “templos especialmente relevantes de diferentes rutas do Camiño de Santiago”, explicouse na rolda de prensa, engadíndose que o obxectivo é “difundir contidos en lingua galega, o patrimonio cultural e as rutas de peregrinación xacobeas”.

Celebrarase o primeiro concerto en Noia, o venres 30 de xullo, ás 21:15 horas na Igrexa de San Martiño de Noia. Para asistir é preciso solicitar invitación desde o 19 de xullo ata o día 30 ás 12 horas no correo electrónico programacionconcellodenoia@gmail.com. Os interesados poderán solicitar dúas invitacións por persoa. O segundo concerto será en Muxía, o sábado 31 de xullo, ás 20:30 horas no Santuario da Virxe da Barca. A reserva de entradas farase por vía telefónica chamando ás oficinas municipais (981 742 001).

Para máis información, cómpre visitar a web da Fundación Araguaney.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Demasiada realidade”. Xosé Antonio López Silva

“Demasiada realidade”. Xosé Antonio López Silva

Cada vez voume atopando con máis xente que me conta que fixo a escolla de deixarde ler ou de ver noticias. Que buscan emisoras onde haxa só música, ou que evitantelexornais e tertulias de actualidade. Non son persoas desentendidas do mundo. Dinque non poden soportar...

“Dereito a unha vivenda digna, sí; pero cómo?”. Antón Luaces

“Dereito a unha vivenda digna, sí; pero cómo?”. Antón Luaces

Como cidadáns españois todos temos dereito a unha vivenda digna e axeitada. De feito, a Constitución Española establece no seu artigo 47 que "tódolos españois teñen dereito" a disfrutar dela. O mesmo artigo recoñece que "os poderes públicos promoverán as condicións...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.