No Barbanza o Parque Arqueolóxico da Idade de Ferro avanza coa creación dun consello asesor

29 Xullo 2021

O Consello de Dirección celebrou a súa primeira xuntanza con representantes da Deputación da Coruña, os concellos da Mancomunidade Barbanza Arousa e o Concello de Porto do Son Na reunión aprobouse iniciar os traballos de execución do Plan Director e accións de dinamización.

O Consello de Dirección do Parque Arqueolóxico da Idade do Ferro reuniuse esta mañá no Porto do Son nunha primeira xuntanza na que se aprobou a creación dun Consello Asesor e outras medidas encamiñadas a avanzar no proxecto como a confirmación dos castros que forman parte do plan ou a creación dunha imaxe corporativa e
unha páxina web para o proxecto. Na mesma reunión aprobouse a incorporación do Concello de Dodro á iniciativa.

Representantes da Deputación da Coruña e os concellos de Rianxo, Boiro, A Pobra do Caramiñal, Ribeira e Porto do Son participaron na primeira xuntanza do Consello de Dirección do Parque Arqueolóxico da Idade de Ferro, un proxecto que, segundo as institucións implicadas, supón unha forte aposta pola posta en valor dos recursos históricos e polo turismo cultural de calidade. A iniciativa ten previsto desenvolverse coa implicación de diferentes axentes do ámbito do turismo, da arqueoloxía, da investigación e da divulgación polo que, xa na primeira xuntanza se aprobou a creación dun Consello Asesor que oriente os pasos futuros do proxecto.

Na xuntanza participaron o vicepresidente e deputado de Turismo e Patrimonio da Deputación da Coruña, Xosé Regueira, o presidente da Mancomunidade Barbanza Arousa e alcalde de Rianxo, Adolfo Muíños, o alcalde de Boiro, José Ramón Romero; o alcalde e a concelleira de Turismo da Pobra do Caramiñal, Xosé Lois Piñeiro e Rosario Varela; o concelleiro de Ribeira, Emilio Pérez Outeiral, o concelleiro de Porto do Son, José Manuel Deán, a xerente da
Mancomunidade Barbanza Arousa, Fátima Cachafeiro e a técnica da entidade, Patricia Miralles e as da Deputación da Coruña, Maite Loureiro e Silvia Pérez.

Ademais, entre os acordos da sesión aprobouse a realización nos próximos meses Plan Director que rexerá o proxecto e que consistirá nunha folla de ruta completa para este Parque Arqueolóxico ao aire libre. De forma paralela, outro dos acordos que se tomaron na xuntanza foi botar a andar os traballos para o deseño da imaxe corporativa e da páxina web como primeiras acción de dinamización.

O Castro das Cercas de Isorna en Rianxo, o Castro da Croa de Posmarcos en A Pobra do Caramiñal, o Castro de Achadizo e de Neixón en Boiro, o Castro da Cidá de Ribeira e o Castro de Baroña en Porto do Son son os recursos do Parque Arqueolóxico da Idade de Ferro, un proxecto que terá identidade propia e baixo o que se construirá un relato que porá en valor o territorio.

Consello Asesor

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Colleita 2026, máis galega” – Xosé González Martínez

“Colleita 2026, máis galega” – Xosé González Martínez

Nunha mañá fría de xaneiro de 1936, ao pé do lume da lareira da Casa dos Ulloa, en Esposende (Ribadavia), Álvaro das Casas, escritor e dinamizador cultural do galeguismo, reuniu un grupo de colleiteiros do Ribeiro para propoñerlles a creación da Unión de Colleiteiros...

“La sociedad deslumbrada”. Alberto Barciela

“La sociedad deslumbrada”. Alberto Barciela

LA SOCIEDAD DESLUMBRADA Es más que probable que estemos viviendo deslumbrados, ciegos de tanta luz y de tanta pantalla, concibiendo ilusiones y expectativas vanas, ofuscados, enceguecidos. Creo que la palabra que todo lo puede sintetizar, al menos lo que quiero...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.