Na Pobra presentada a proposta de identidade corporativa para o Concello

09 Xullo 2021
Foto concello

O goberno pobrense anunciou na xornada deste 9 de xullo a proposta de identidade corporativa para o Concello;
unha cuestión que se levará ao vindeiro pleno ordinario, segundo explicou o alcalde, Xosé Lois Piñeiro (Nós Pobra), quen tamén indicou que este cambio non supón a supresión do escudo municipal, pois seguirase a utilizar para cuestións oficiais.
A finalidade é facer unha imaxe corporativa moderna e funcional, adaptada aos novos tempos, como xa veñen facendo numerosas institucións, tal e como apuntou a concelleira das Relacións Institucionais, Patricia Lojo (PSdeG-PSOE), o cal tamén aduciron as edís do Desenvolvemento Local, Amparo Cerecedo (BNG), e a da Promoción Económica, Charo Varela (Nós Pobra). Así mesmo, búscase unificar tódalas versións distintas que se foron empregando ao longo
dos anos, así como a das propias concellarías. Deste xeito, para a súa correcta implantación, creouse un manual de identidade.
O proxecto foi elaborado pola empresa local Publicolor Serigrafía. En representación da dita empresa, Ramón Regades e Breográn Alamancos detallaron que no proceso se simplificaron os elementos do escudo. Canto á tipografía, optouse pola Roboto, con formas suaves e redondeadas, e seis pesos (Black, Bold, Medium, Regular, Light e Thin), para facer que sexa adaptable e lexible en calquera tipo de soporte.
Finalmente, con relación á gama cromática escolléronse tres cores que predominan nas fotografías aéreas do municipio: o azul verdoso da natureza; o salmón, polos tellados das casas; e o amarelo, polos areais do municipio: tres
tonalidades representativas do municipio. E, para diferencia-las diversas concellarías, aplícanse estas divisións cromáticas.

Outros artigos

O filme documental 360 curvas proxéctase este domingo en Boiro

O Ciclo de Cine Mestre Mateo, impulsado nos concellos pola Academia Galega do Audiovisual, volveu poñer o foco en Boiro para dar coñecer ao público a rica colleita cinematográfica galega deste último ano. Sen ir máis lonxe, este domingo 18 de outubro proxectarase no...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Juan Magán” – Xulio Xiz

“Juan Magán” – Xulio Xiz

Estes días, Merce e máis eu, mergullámonos cada día no multitudinario ambiente festeiro, disfrutamos coa venerable presencia de Celtas Cortos e ousamos asistir ao concerto de Juan Magán. Con relativo coñecemento do actual mundo musical, que navega de Camilo a India,...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.