Na Pobra decretados tres días de loito oficial polo falecemento do exalcalde Álvaro Viéitez

O Concello da Pobra do Caramiñal decretará tres días de loito oficial polo falecemento de Álvaro Viéitez, quen foi alcalde do municipio no período comprendido entre 1989 e 1991 e que continuou como concelleiro na corporación municipal ata 1999, ademais de destacar a súa faceta como empresario.
A corporación municipal lamenta profundamente o seu pasamento e trasládalle o seu pésame e apoio á familia nestes momentos de dor. A bandeira da Pobra ondea a medio mastro.

Viéitez accedeu á alcaldía pobrense en 1989, despois de que o entón rexedor, Segundo Durán, vísese obrigado a abandonala tras ser nomeado parlamentario autonómico. Como primeiro tenente de alcalde fíxose co bastón de mando, o cal ostentaría ata 1991, aínda que continuaría na política municipal como concelleira na oposición ata 1999.

Posteriormente, tras abandonar a política activa, foi nomeado presidente de honra do Partido Popular local.

O que fose xerente de Hadasa, empresa dedicada á fabricación de fariña de peixe con sede na Ribeiriña, deixa esposa, Milagros, e dous fillos, Álvaro e Adolfo.

Os restos mortais de *Ávaro Viéitez Dávila están a ser velados no tanatorio Jesús de Nazareno, na Pobra do Caramiñal, de onde partirán este domingo, ás 16.45 horas, cara á igrexa parroquial de Santiago do Deán, onde terá lugar o funeral e posterior enterro