Na Pobra comezan as viaxes en veleiro a bordo do Mascato

16 Xullo 2021

Na xornada do 17 de xullo inícianse as viaxes en veleiro pola ría da Arousa a bordo do Mascato, impulsadas pola
Concellaría do Turismo da Pobra do Caramiñal, da cal é titular a edil Charo Varela (Nós Pobra). Preséntase así unha maneira alternativa de coñece-lo patrimonio medioambiental, marítimo e paisaxístico costeiro.
As excursións terán lugar nos sábados e domingos dos meses de xullo e agosto.
A duración do traxecto é de hora e media e as saídas establécense en quendas de mañá e de tarde. O prezo estipúlase en 15 euros para as persoas adultas e 10 euros para nenos e nenas menores de 12 anos, ofrecendo un desconto para
as familias. Cómpre indicar que as travesías transcorrerán seguindo as medidas implantadas por mor da COVID-19.
A cabida máxima do veleiro é de 10 persoas, razón pola cal é preciso formaliza- la reserva e compra previa do tícket no punto de información turística -situado na Casa Mariñeira-, no enderezo electrónico turismo@apobra.gal ou nos teléfonos de contacto 671090262 e 687482835. Tamén hai a disposición a páxina web www.apobra.gal/turismo para máis información.

Outros artigos

“El verdadero líder”. Alberto Barciela

​El viaje a España de Robert Prevost, convertido en el Papa León XIV por decisión de un concilio, ha trascendido la mera visita institucional para transformarse en un acontecimiento del espíritu. En Madrid, como lo hará en Barcelona y Canarias, ha emergido con nitidez...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Prioiridade nacional, onde e con quen?-“. Antón Luaces

“Prioiridade nacional, onde e con quen?-“. Antón Luaces

Dicir "os españois primeiro" é o equivalente a poñer en determinadas bocas citas indebidas e nas mans desas persoas a chave que só abre portas a moi concretos españois que, dende as opcións de VOX e outros partidos das súas  características, constatan que se...

“Leire”. Xulio Xiz

“Leire”. Xulio Xiz

Hai tempo que quería escribirlle a Leire, e funo deixando pero de hoxe non pasa. Pode parecer que lle escribo á Leire Díez que anda na boca de todos, pero prefiro outra ben mais inocente.Certo que hai tempo busquei no organigrama de Correos quen tiña autoridade no...