Na Pobra catro ocasións para coñecer o labor marisqueiro a pé da praia

07 Xullo 2021

A Concellaría do Turismo da Pobra do Caramiñal e a Asociación Mar da Pobra ofrecen novamente, para este verán,
as xornadas de turismo mariñeiro, as cales terán lugar nos días 9 e 23 de xullo (esta última enmarcada na Semana do Mar) e 6 e 20 de agosto. Dividiranse entre a praia dos Areos e a dos Raposiños e forman unha experiencia cunha duración de noventa minutos durante os cales as persoas participantes coñecerán o labor que desenvolven as mariscadoras, así como os bivalvos que atesouran os areais do municipio.
A concelleira do Turismo, Charo Varela (Nós Pobra), manifestou que se “aposta por poñer en valor o patrimonio mariñeiro como unha oferta turística e un produto que queremos poñer á disposición de tódalas persoas que descoñecen o traballo marisqueiro.” Neste senso, fixo fincapé en que “poñer en valor o mar é poñer en valor A Pobra, o produto que temos na ría da Arousa e a xente do mar.”
Pola súa parte, a técnica municipal desta área, Sara Sánchez, sinalou que se trata dunha das actividades turísticas que ten maior acollida e “tamén das que crea maior satisfacción nos visitantes, pois é unha actividade que nos diferencia moito.”
Por último, Rosa Millán, presidenta da Asociación Mar da Pobra, declarou que con este tipo de iniciativas buscan poñer en valor o seu traballo, ademais de que “nos resulta moi satisfactorio ver como a xente que vén se interesa polo que facemos.”
As reservas pódense formalizar no punto de información turística-situado na Casa Mariñeira-, a través dos teléfonos de contacto 671090262 e 687482835, ou mediante o enderezo electrónico turismo@apobra.gal. O prezo estipúlase en 12 euros para as persoas adultas e de balde para nenos e nenas menores de 10 anos. O punto de encontro establécese na propia oficina do turismo.

Outros artigos

ADEGA di que maquinaria pesada arrasou unha zona dunar de Aguiño

ADEGA vén de emitir un comunicado no que a asociación ecoloxista galega pon o foco nunha praia de Aguiño onde, segundo din, vénse de arrasar un hábitat de gran relevancia para cría da píllara das dunas. Sinalan que dende o pasado sábado, 6 de xuño, nas vésperas do...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“El verdadero líder”. Alberto Barciela

“El verdadero líder”. Alberto Barciela

​El viaje a España de Robert Prevost, convertido en el Papa León XIV por decisión de un concilio, ha trascendido la mera visita institucional para transformarse en un acontecimiento del espíritu. En Madrid, como lo hará en Barcelona y Canarias, ha emergido con nitidez...