Marisa Villaseca expón parte da súa obra na Casa Mariñeira da Pobra

20 Xullo 2021

A Casa Mariñeira alberga unha exposición pictórica, composta por un total de 45 cadros da artista Marisa
Villaseca, nada na Estrada, pero que veranea na Pobra do Caramiñal dende hai máis de dúas décadas.
As técnicas empregadas son o óleo e o acrílico, e as escenas representadas inspíranse en fotografías e na vida cotiá. No que respecta á temática, esta resulta moi diversa, con predilección pola muller, persoas anciás, bailarinas,
paisaxes marítimas, bodegóns, cabalos, aves e debuxos abstractos.
A mostra permanecerá ata o 15 de agosto na referida instalación, que se corresponde coa oficina do Turismo, situada nas inmediacións do parque do Castelo. As visitas poden realizarse de luns a sábado, en horario de 09.30 a
14.30 horas, seguindo as medidas implantadas por mor da COVID-19.
Xubilada no sector comercial, Marisa Villaseca xa amosaba inquietude polo mundo do debuxo dende pequena e hai 12 anos deulle o empuxe definitivo, anotándose así nas clases de Baldomero Calviño e comezando coa súa
produción pictórica. Nos últimos anos, expuxo outras coleccións na Fundación Caixa Galicia Vigo, na Estrada.

Outros artigos

Este venres entrégase en Rianxo o Premio Muller Salgada 2024

Mulleres Salgadas entregará o vindeiro venres día 28 de xuño o seu Premio Muller Salgada 2024. O acto, que conta coa colaboración do Concello de Rianxo, terá lugar ás 18.30 no Auditorio de Rianxo (A Coruña). A orixe do galardón A cultura do esforzo xeneroso,...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“La Confianza” – José Antonio Constenla

“La Confianza” – José Antonio Constenla

En la actualidad atravesando una crisis de confianza, con mil explicaciones, pero ninguna sencilla ni clara, que dificulta la comprensión del mundo en el que vivimos. Un efecto de estos es que los discursos no sintonizan con la realidad en la que estamos inmersos....