Este luns dúas persoas foron trasladadas ao sufrir un accidente en Outes. Fin de semana con numerosas incidencias no tráfico da comarca

Dous vehículos colidiron esta mañá no concello de Outes e, como consecuencia do golpe, os condutores resultaron feridos. Foi un particular quen, pasadas as once e media desta mañá, chamaba ao 112 Galicia para informar dun accidente entre dous vehículos na estrada AC-550, ao seu paso pola parroquia de Tarás, neste municipio coruñés. Na mesma comunicación sinalaba que había dúas persoas feridas.

Grupo whatsapp Accidentes y Noticias

Deseguida, os operadores do 112 deron aviso ao Servizo de Urxencias Sanitarias de Galicia – 061, á Garda Civil de Tráfico, á Policía Local, ao GES de Muros e aos Bombeiros de Boiro.

Xa no punto, os membros do GES de Muros comunicaron ao CIAE-112 Galicia que dúas persoas foran trasladadas polos servizos sanitarios ao centro hospitalario de referencia.

Por último, co fin de garantir a seguridade na vía, o 112 Galicia informou tamén aos servizos de mantemento de estradas.

O mal tempo veu acompañado de numerosas incidencias no tráfico da comarca. O máis grave deles rexistrouse na estrada entre A Curota e Moldes, pouco antes das catro e media da madrugada de sábado. Segundo recolle o Diario de Arousa aconteceu un accidente de tráfico no que unha persoa que ía no asento do copiloto resultou ferida, pois presentaba un corte e un traumatismo no xeonllo esquerdo. O sinistro rexistrouse cando do miradoiro baixaba un Audi A3 de cor negra, no que presuntamente ían tres novos, e ao chegar a un tramo de curvas bastante pechadas saíuse da calzada nunha delas á dereita pola marxe esquerda e impactou contra un noiro de pedra, que se xerou ao realizar no seu momento un corte no terreo para a apertura dese vial.

remitido

Foi un particular o que alertou ao Centro Integrado de Atención ás Emerxencias 112 Galicia do ocorrido e foi entón cando se mobilizou para intervir á Policía Local da Pobra, así como aos Bombeiros do parque comarcal de Ribeira e a voluntarios da agrupación local de Protección Civil. Os axentes municipais chegaron ao lugar comprobaron que o Audi A3 accidentado ocupaba parcialmente a calzada e que no interior dese vehículo achábase deitado no asento do copiloto un raparigo que, ademais das feridas xa mencionadas, atopábase en estado de embriaguez, pero estaba consciente. Acudiron os servizos de Urxencias Sanitarias-061 Galicia, quen desprazou ao lugar unha ambulancia, na que se procedeu á evacuación da vítima ao Hospital do Barbanza, despois de que o persoal de emerxencias e os técnicos sanitarios inmobilizárono.

Fontes policiais informaron que o copiloto ferido, que era unha persoa de 22 anos de nacionalidade italiana pero residente en Santiago de Compostela, indicoulles que xunto a el ían o condutor e un acompañante no asento traseiro, que se deron á fuga, posiblemente porque tamén ían ebrios, deixando abandonado ao seu compañeiro. É por iso que a Garda Civil de Tráfico en colaboración da Policía Local pobrense tratan de localizalos. Por agora sábese que o propietario do Audi A3 é de nacionalidade marroquí, pero reside na capital de Galicia, e ao que supostamente lle constan denuncias por condución temeraria e abandono de animal con resultado de morte.

Por outra banda tamén se rexistraron accidentes na estrada de acceso á Curota en sentido descendente e en Lousame no Confurco.

Grupo whatsapp “Accidentes y Noticias”
Grupo whatsapp “Accidentes y Noticias”