Empeora a situación: A Pobra e Boiro a nivel máximo de restricións. Ribeira, O Son nivel alto e Muros e Noia en nivel medio

21 Xullo 2021

Galicia eleva a sete concellos a nivel máximo de restricións debido á situación epidemiolóxica pola Covid-19, entre os que se inclúen os turísticos de Boiro, Sanxenxo, O Grove e Cambados, mentres que 29 estarán en nivel alto, entre eles as cidades de Vigo, Pontevedra e Ourense debido ao incremento da incidencia, o que supón un 35% da poboación.
O anunciou foi feiro este mércores polo presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, na rolda de prensa para informar das medidas adoptadas polo comité clínico, e puntualizou que no nivel máximo haberá un 3,3% da poboación galega.

En nivel máximo de restricións desde este sábado estarán a localidade da Pobra do Caramiñal e Boiro amais de do Barco na provincia de Ourense; as pontevedresas de Cambados, Sanxenxo, Meaño e O Grove.

Pola súa banda, en nivel alto inclúense 29 municipios, oito na coruñesa: Porto do Son, Ribeira, Carballo, Fisterra, Oleiros, Vimianzo, Arzúa e Melide catro deles na provincia ourensá: Ourense, Avión, Barbadás e O Carballiño; ; cinco na lucense: Burela, Viveiro, Cervo, Foz e Ribadeo; e 12 pontevedreses: Vigo, A Illa, Vilagarcía, Vilanova, Marín, Poio, Pontevedra, Baiona, Gondomar, Nigrán, O Rosal e Tomiño. Iso supón, puntualizou o mandatario galego, un 31,4 por cento da poboación de Galicia, unhas 849.000 persoas. = 65 por cento dos galegos seguirá en nivel medio ou medio-baixo, que implica 277 municipios, que abarcan unhas 1.765.000 persoas, segundo matizou o titular da Xunta.

En nivel medio inclúense 38 localidades: Na provincia coruñesa inclúense os concellos de Muros, Noia, Santiago, A Coruña, Culleredo, Cambre, Sada, Ames, , Oroso, Teo, Fene, Ferrol e Mugardos. Na provincia de Pontevedra están neste nivel Meis, Silleda, Pontecesures Ribadumia, Caldas de Reis, Redondela, Bueu, Ponte Caldelas, A Guarda, Moaña, Mos, O Porriño e Tui. E Beariz, Entrimo, Boborás, Maceda, O Pereiro de Aguiar, San Cibrao, Ribadavia e Vilamartin de Valdeorras na provincia de Ourense; e Sarria, Mondoñedo, Lugo e Vilalba na de Lugo.

As medidas entrarán a partir do sábado ás cero horas. (A)

Outros artigos

ButacaZero inicia en Muros a xira galega de “A velada de Londres”

A velada de Londres, a nova produción da plataforma creativa ButacaZero, inicia esta fin de semana a súa xira por auditorios e salas de Galicia. Muros, As Pontes, Vigo, Foz, Noia e Cee serán as escalas dunha montaxe que rende tributo á figura e legado do dramaturgo,...

+

A xornalista Nieves Concostrina estará este mércores no Liceo de Noia

Este mércores 30 de setembro, a xornalista e escritora Nieves Concostrina estará no Liceo de Noia para conservar sobre a súa obra, os seus libros e a súa traxectoria na radio. Estará acompañada polo alcalde, Francisco Pérez Caamaño, e por José M. Romarís. A conversa...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Abusos e indefensión” – José Manuel Pena

“Abusos e indefensión” – José Manuel Pena

Cando existe unha emerxencia habitacional, todas as Administracións Públicas teñen que poñerse as pilas para garantir o Dereito á Vivenda, recoñecido na Constitución española así como en moito Tratados e Organismos Internacionais. Algúns nos preguntamos, actualmente,...

“Ti, morena, quen es?”. Luís Celeiro

“Ti, morena, quen es?”. Luís Celeiro

Son eu, señor capitán deste navío mercante! Eu son unha muller de mundo, ando polo mundo senrumbo e sen sosego. Estou embarcada neste buque e quero saber para onde imos, cantos e cantassomos, como viviremos o que nos queda de mar e quen seremos ao regresar á terra, se...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.