Boiro, A Pobra, Ribeira e O Son cambian as súas restricións en hostalería

O acceso á hostalería en zonas de nivel máximo e alto deberá realizarse con vacinación completa ou test negativo. Haberá prohibición de reunións de máis de 6 non conviventes en interiores e 10 en exteriores.

Paseo do dique de Ribeira

Galicia permitirá o acceso aos locais de restauración e hostalería en zonas de nivel máximo, caso A Pobra e Boiro,, de onde ata o de agora tiña que estar pechado-, e alto, Ribeira e O Son, onde non se podía acceder ao interior. Será a persoas que presenten certificado de vacinación completa, que pasasen a enfermidade ou ben conten cun test negativo nas últimas 72 horas. Os menores de 12 anos estarán “exentos” de acreditar estes documentos.

Con respecto aos aforos nos concellos de nivel máximo será dun 30% no interior dos establecementos e un 50% en terraza; mentres que no nivel alto situarase nun 50% dentro e un 50% no exterior para as persoas que reúnan os requisito