Amicos inicia en Cabío a segunda edición do seu Campamento Xuvenil Inclusivo

08 Xullo 2021

A asociación da nosa comarca Amicos impulsou por segundo ano consecutivo o Campamento Voluntariado Xuvenil Inclusivo. Neste proxecto participan 12 mozas e mozos de entre 18 e 30 anos que se atopan en risco de exclusión social e ou teñen unha discapacidade intelectual.

O campamento desenvolverase no Camping de Cabío, na Pobra do Caramiñal, durante once días. O obxectivo é “fomentar entre os participantes os valores de solidariedade e compromiso coa comunidade, especialmente coas persoas que se atopan nunha situación de especial vulnerabilidade ou desprotección”. Con este fin, programáronse actividades inclusivas de voluntariado xuvenil.

“Pretendemos xerar un grupo de traballo diverso no que os mozos aprendan o valor da diversidade e compartan unha mesma misión: conservar o patrimonio natural e cultural galego dende unha perspectiva solidaria e inclusiva” indicaba Digna Iglesias, vicepresidenta da Asociación Amicos.

“Imos facer actividades para o coidado do medio ambiente como por exemplo limpeza de praias e instalación de hoteis de insectos; actividades máis propias de campamento como son os patios inclusivos con xogos e saídas; e un tramo do Camiño de Santiago para conmemorar o Xacobeo”, explicaba Jaime Vidal, un dos monitores e técnico de desenvolvemento de Amicos, que acompañará aos participantes durante estes días.

Obxectivos específicos do campamento

Os propósitos que Amicos pretende cumprir con este campamento son:

-Promover a tolerancia, o respecto e a amizade entre os mozos para contribuír á construción de sociedades máis inclusivas.

-Desenvolver as habilidades interpersoais dos mozos con maior vulnerabilidade para que poidan conectarse socialmente con outras persoas.

-Aumentar o coñecemento sobre a xestión da diversidade social e cultural a través do intercambio de experiencias e vivencias entre os participantes.

-Contribuír á conservación do patrimonio natural e cultural galego a través da educación ambiental e o voluntariado.

Financiamento e patrocinio

Este proxecto desenvólvese ao abeiro da Dirección Xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado da Consellería de Política Social.

Outros artigos

Este mércores 23, comeza o outono logo dun verán de récord

Este verán foi o de maior número de días con temperatura máxima por riba dos 30 graos en Compostela, segundo datos do Observatorio Astronómico da USC Comeza o outono. Foto: Santi Alvite Ás 2:05 horas do mércores 23 dá comezo o outono no hemisferio boreal. Esa hora...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Caridade e solidariedade” – José Manuel Pena

“Caridade e solidariedade” – José Manuel Pena

“Axúdanlles moito máis aos estranxeiros que ás familias humildes da zona”. Observo como unha muller inmigrante, entregaba un cupón de alimentos, e saía do supermercado con dous carros repletos de comida, mentres que a unha veciña, sen apenas recursos, só lle dan unha...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.