A rapazada do Campamento de Verán de Outes percorreu a ría no Joaquín Vieta

16 Xullo 2021

Os días pasados a rapazada participante no Campamento de Verán de Outes Concilia tivo a oportunidade de gozar dun paseo a bordo dunha embarcación histórica: o balandro Joaquín Vieta, que percorre cada verán a ría de Muros e Noia. As nenas e nenos embarcaron no porto de Freixo, que é onde se construíu, a comezos do século XX, o Joaquín Vieta.

O Campamento de Verán 2021 do Outes Concilia, impulsado pola Concellería de Igualdade e Benestar, comezou o pasado 23 de xuño e está dirixido a ofrecer alternativas saudábeis, lúdicas e de aprendizaxe á rapazada local durante esta tempada estival.

As actividades teñen o centro de operacións no CEIP Plurilingüe de Outes, aínda que o groso das accións está previsto que se desenvolvan ao aire libre, desfrutando da natureza. É o caso da singradura levada a cabo polos participantes a bordo do Joaquín Vieta, un histórico barco que pasa por ser o veleiro máis antigo de Galicia (foi construído na segunda década do século XX, entre o 1915 e o 1916, como dixemos nun estaleiro do Freixo, en Outes).

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Colleita 2026, máis galega” – Xosé González Martínez

“Colleita 2026, máis galega” – Xosé González Martínez

Nunha mañá fría de xaneiro de 1936, ao pé do lume da lareira da Casa dos Ulloa, en Esposende (Ribadavia), Álvaro das Casas, escritor e dinamizador cultural do galeguismo, reuniu un grupo de colleiteiros do Ribeiro para propoñerlles a creación da Unión de Colleiteiros...

“La sociedad deslumbrada”. Alberto Barciela

“La sociedad deslumbrada”. Alberto Barciela

LA SOCIEDAD DESLUMBRADA Es más que probable que estemos viviendo deslumbrados, ciegos de tanta luz y de tanta pantalla, concibiendo ilusiones y expectativas vanas, ofuscados, enceguecidos. Creo que la palabra que todo lo puede sintetizar, al menos lo que quiero...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.