A Pobra únese á celebración do Día da Patria Galega

22 Xullo 2021

O Concello da Pobra do Caramiñal vén de anunciar que celebrará o Día da Patria Galega. Desta vez, debido á situación epidemiolóxica actual, o Concello tivo que reformular as actividades programas para a festividade correspondente ó 25 de xullo.

Así, realizaranse dúas actividades adaptadas á pandemia pola COVID-19. Por unha banda, emitirase unha peza audiovisual coa lectura de Alba de groria, de Castelao, a través da canle de YouTube e redes sociais do Concello. Así mesmo, bota a andar o concurso Galeguizando TikTok. Os vídeos deberán estar en galego, ter como temática o Día da Patria Galega e seguir o formato da aplicación móbil TikTok.

As persoas participantes na actividade de TikTok deber ter trece anos ou máis, anotarse e face-la entrega do vídeo mediante o enderezo electrónico normalización.linguistica@apobra.gal. Os premios serán un lote de produtos culturais galegos e establécense un total de 3 distincións valoradas en 100 euros cada unha: ao máis orixinal, ao máis divertido e ao máis creativo. A data límite para a inscrición estipúlase no día 31 de xullo. Os envíos das pezas estarán dispoñibles antes de rematar o día 5 de agosto.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Colleita 2026, máis galega” – Xosé González Martínez

“Colleita 2026, máis galega” – Xosé González Martínez

Nunha mañá fría de xaneiro de 1936, ao pé do lume da lareira da Casa dos Ulloa, en Esposende (Ribadavia), Álvaro das Casas, escritor e dinamizador cultural do galeguismo, reuniu un grupo de colleiteiros do Ribeiro para propoñerlles a creación da Unión de Colleiteiros...

“La sociedad deslumbrada”. Alberto Barciela

“La sociedad deslumbrada”. Alberto Barciela

LA SOCIEDAD DESLUMBRADA Es más que probable que estemos viviendo deslumbrados, ciegos de tanta luz y de tanta pantalla, concibiendo ilusiones y expectativas vanas, ofuscados, enceguecidos. Creo que la palabra que todo lo puede sintetizar, al menos lo que quiero...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.