A conselleira do mar visita a futura fábrica avanzada de Frigonor ColdStore na Pobra

23 Xullo 2021

A conselleira do Mar, Rosa Quintana, visitou hoxe as obras que está a realizar a firma Frigonor ColdStore no Polígono da Tomada da Pobra do Caramiñal e destacou “a necesidade de contar con instalacións que, coma esta, busquen o aforro enerxético e que conten con procesos máis eficientes e responsábeis na protección do medio ambiente”. Ademais, a conselleira sinalou que “o Goberno galego promove este tipo de actuacións a través das axudas a pemes de transformación de produtos do mar” e explicou que “no marco destas achegas a Xunta aprobou un apoio de 7 millóns de euros para este proxecto da nave de Frigonor ColdStore, que prevé crear máis de 30 empregos directos na súa contorna”.

A futura instalación, que ocupará unha superficie de máis de 8.000 metros cadrados e contará cunha altura de 12 metros, incluirá dúas plantas para a elaboración, dúas cámaras de almacenamento en conxelación a -45ºC e a -20ºC e unha zona para operacións loxísticas e de clasificación con acceso a oito peiraos de carga e descarga. Tamén disporá dun espazo para oficinas e instalacións laborais, ademais de aplicar novos procesos e sistemas de xestión en aras de impulsar a seguridade laboral.

En concreto, esta zona destinaranse á manipulación, transformación, conservación e almacenamento frigorífico de especies pesqueiras como o atún, o atún vermello, o gambón arxentino e a lura procedente do caladoiro das Malvinas.

Con todo, cómpre mencionar que o sector pesqueiro conseguiu numerosas axudas ao largo do ano. De feito, neste momento está aberto o prazo de presentación de solicitudes (ata o 28 de xullo) co que a Xunta subvencionará ata o 50% das perdas de facturación rexistradas nas empresas, sempre e cando estas sexan polo menos dun 20% en relación cos ingresos medios para o mesmo período nos tres anos anteriores -2017, 2018 e 2019. No caso de empresas con menos de tres anos, deberán ter actividade durante polo menos o ano natural 2019 completo e o cálculo realizarase tendo en conta ese exercicio.

Outros artigos

Artesáns impartirán obradoiros nos centros socioculturais da Pobra

Os centros socioculturais da Pobra do Caramiñal dinamizaranse con varios obradoiros artesáns de balde dentro do programa Feito coas túas mans que se estenderá ata finais de ano. Así o fixeron saber este martes 16 Amparo Cerecedo, concelleira da Promoción Económica,...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Lisboa, luz cosmopolita”. Alberto Barciela

“Lisboa, luz cosmopolita”. Alberto Barciela

En apariencia, lo único que vemos de la ciudad es lo que la ciudad nos muestra. Lisboa es traslúcida, se da toda en su generosa actitud para quien se predispone a admirarla, para los que abren sus brazos con el fin de abarcar un pequeño pleno universo cosmopolita,...