A ANPA do CEIP de Outes mobilízase este 8 de xullo para impedir os recortes previstos no centro

07 Xullo 2021

A ANPA Río Tines de Outes vén de anunciar unha concentración como medida de rexeitamento aos recortes previstos no centro ao que se adscribe a asociación de nais e pais, o CEIP Plurilingüe de Outes, orixinado da fusión en 2017 dos extintos CEIP Emilio de Navasqüés e CEIP Plurilingüe da Serra de Outes. A concentración, que se convoca baixo o epígrafe Por unha educación pública e de calidade, está prevista para este 8 de xullo ás 20.00 horas, na entrada do CEIP de Outes.

No comunicado a ANPA sinala que os recortes programados irían en contra do espírito que alentou a dita fusión colexios, un proceso no que a administración alegou razóns como a mellora da calidade educativa no concello e a de optimizar a atención á diversidade e ao alumnado con necesidades específicas de apoio educativo. “Ambos os dous argumentos baseábanse en que dado que ía contarse cun único centro de Infantil e Primaria o Departamento de Orientación e, polo tanto, os especialistas que o conforman, ían resultar ter carácter definitivo”, explica a ANPA, mostrando a súa preocupación porque este carácter definitivo deixe de selo: “Rexeitamos esta medida por considerar que aínda que nun futuro non se alcance o número mínimo de unidades esixíbeis na lexislación o noso centro encádrase na excepción que o aconsella por motivos de dispersión xeográfica”.

E engaden: “No mesmo sentido preocúpanos, e moito, o feito da posible perda dunha das coidadoras que ten asignada o centro para o coidado de alumno con necesidades educativas especiais, coidadoras que se adxudicaron tras o informe favorable no mes de setembro do organismo competente na materia”. A ANPA salienta a este respecto que “as circunstancias dos menores atendidos por estas profesionais non variou polo que se fai imprescindible que continúen como ata o momento o viñan facendo”.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Colleita 2026, máis galega” – Xosé González Martínez

“Colleita 2026, máis galega” – Xosé González Martínez

Nunha mañá fría de xaneiro de 1936, ao pé do lume da lareira da Casa dos Ulloa, en Esposende (Ribadavia), Álvaro das Casas, escritor e dinamizador cultural do galeguismo, reuniu un grupo de colleiteiros do Ribeiro para propoñerlles a creación da Unión de Colleiteiros...

“La sociedad deslumbrada”. Alberto Barciela

“La sociedad deslumbrada”. Alberto Barciela

LA SOCIEDAD DESLUMBRADA Es más que probable que estemos viviendo deslumbrados, ciegos de tanta luz y de tanta pantalla, concibiendo ilusiones y expectativas vanas, ofuscados, enceguecidos. Creo que la palabra que todo lo puede sintetizar, al menos lo que quiero...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.