Suprímese o sentido único de circulación nun tramo do Camiño Real

07 Xuño 2021

A Concellaría da Seguridade da Pobra do Caramiñal comunicou este luns que da supresión do sentido único de circulación na rúa 2 da Ribeiriña (que se corresponde cun dos tramos do Camiño Real). A decisión tómase logo de ter estudado a fondo as enquisas recibidas a respecto do nivel de conformidade da veciñanza con relación á aplicación provisional do sentido único de circulación na dirección A Pobra-Boiro.

A participación na sondaxe foi do 60’53% (23 vivendas), das cales 9 votaron a favor da medida e 14 en contra. Deste xeito, o edil José Andrés Lojo (Nós Pobra) manifesta que se anula a vixencia desta medida provisional e, polo tanto, que se efectuará a retirada da sinalización circunstancial. Así mesmo, analizaranse as propostas reflectidas nos cuestionarios.

O concelleiro tamén anunciou que se organizará unha asemblea veciñal, cuxa data aínda está por determinar e da cal se informará a cidadanía, coa finalidade de” buscar a mellor solución posíbel ao problema de fluidez de tráfico rodado existente na referida vía que, co tránsito en ámbolos dous sentidos, impide o paso simultáneo de dous vehículos en direccións opostas, tal e como constataron os axentes da Policía local tralas demandas de varias persoas residentes e usuarias da zona”.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“La gente”. Mario Clavell

“La gente”. Mario Clavell

En mis tertulias oigo generalizaciones tales ‘la gente escapa de Compostela’ o ‘la gente está hasta el gorro de Pedro Sánchez’ …  ¿Quién es la gente’?, ¿la sociedad?, ¿la nación?, ¿toda la nación?, ¿la colectividad, la humanidad? ‘La gente’ es demasiada gente y...

“Agresións, vexacións e torturas” – José Manuel Pena

“Agresións, vexacións e torturas” – José Manuel Pena

Desde Amnistía Internacional e algúns medios de comunicación están a denunciarse varios casos de agresións, vexacións e torturas, por parte dun grupo de militares españois, cara a algúns migrantes africanos chegados á cidade autónoma de Ceuta, algúns deles menores de...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.