O Museo do Gravado de Artes súmase aos actos xacobeos cunha mostra sobre o Camiño

11 Xuño 2021

O Museo do Gravado de Artes (Ribeira) vai inaugurar o vindeiro venres 18 unha nova e relevante mostra, a exposición No ronsel do Camiño, Gravado contemporáneo para o Xacobeo 21-22. A apertura oficial será ás 13.00 horas na sala 0 do museo.

Neste ano 2021 o Museo do Gravado de Artes (Ribeira) quere sumarse aos actos xacobeos coa devandita exposición, exhibindo e reivindicando a obra de tres arrtitas: o asturiano Miguel Ángel Lombardía e os galegos Manuel Facal e Mariano de Souza.

Trátase dunha exposición que reúne máis de 100 obras.

Debido ás medidas sanitarias de prevención contra o COVID-19 o aforo de acceso á sala é reducido, mantendo as medidas de distanciamento recomendadas por sanidade e é necesario reservar entrada no teléfono 981 871 342 ou na conta de correo fundartes@gmail.com.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Prioiridade nacional, onde e con quen?-“. Antón Luaces

“Prioiridade nacional, onde e con quen?-“. Antón Luaces

Dicir "os españois primeiro" é o equivalente a poñer en determinadas bocas citas indebidas e nas mans desas persoas a chave que só abre portas a moi concretos españois que, dende as opcións de VOX e outros partidos das súas  características, constatan que se...

“Leire”. Xulio Xiz

“Leire”. Xulio Xiz

Hai tempo que quería escribirlle a Leire, e funo deixando pero de hoxe non pasa. Pode parecer que lle escribo á Leire Díez que anda na boca de todos, pero prefiro outra ben mais inocente.Certo que hai tempo busquei no organigrama de Correos quen tiña autoridade no...