O documental Xela Arias. Poeta nas marxes chega ao Lustres Rivas de Ribeira

07 Xuño 2021

O vindeiro venres 11 de xuño celebrarase en Ribeira a proxección documental Xela Arias. Poeta nas marxes, da man da Rede de Dinamización Lingüística e a Secretaría Xeral de Política Lingüística da Xunta. A actividade, que está enmarcada na programación conmemorativa das Letras galegas 2021 da Xunta, presentarase ás 20 horas no Centro Cultural Lustres Rivas.

Xela Arias. Poeta nas marxes é un documental dirixido por Beatriz Pereira arredor da figura de Xela Arias, poeta e tradutora galega, a cal foi homenaxeada o Día das Letras Galegas 2021. Os testemuños de Marga do Val, Xosé María Álvarez Cáccamao, María Xesús Nogueira, Manuel Bragada, Susana Trigo e Humberto Heredia, conformar un camiño pola vida e obra dunha francotiradora das letras.

As portas do Centro Cultural Lustres Rivas abrirán pouco antes do comezo da proxección e tódolos interesados en asistir deberán realizar a reserva enviando un correo electrónico a normalizacion@ribeira.gal.

Outros artigos

Publicidade

PEL
PEL

Revista en papel

Opinión

“Ratos, ratiños e tornarratos” – Antón Luaces

“Ratos, ratiños e tornarratos” – Antón Luaces

O que foi e o que non é;  o que puido ser e a realidade converteu nunha experiencia máis para todos; o que o presidente autonómico canario quixo transmitir coma un relato propio daquel personaxe que foi "Cantinflas", quedará gravado para sempre na memoria de cantos, a...

“Noia sí, Lugo no” – Carlos Moledo

“Noia sí, Lugo no” – Carlos Moledo

Hay una vieja trampa del poder que consiste en creer que las herramientas de la política pertenecen a quienes las inventan. Que el garrote es legítimo en tus manos y criminal en las del adversario. Que la ley vale cuando te protege y es injusta cuando te golpea. La...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.