O Consistorio da Pobra apagarase este 5 de xuño co gallo do Día Mundial do Medio Ambiente

03 Xuño 2021

A Pobra do Caramiñal, xunto con outros 22 concellos socios do Fondo Galego de Cooperación e Solidariedade, unirase neste 5 de xuño a un apagamento convocado pola entidade con motivo do Día Mundial do Medio Ambiente.

Baixo esta premisa, a partir das 23.00 horas suspenderase a iluminación pública de consistorios, prazas, igrexas, torres e outros monumentos coa finalidade de concienciar sobre o consumo enerxético.

No caso concreto da Pobra, o edificio escolleito é a Casa do Concello.

A dita acción enmárcase no proxecto europeo People & Planet, que implica a mocidade e os gobernos locais na loita contra o cambio climático.

Dende o Fondo Galego salientan a importancia de fomentar o aforro de enerxía para evitar o impacto ambiental que supón producila e, polo tanto, protexer os ecosistemas, ámbito no cal se centra neste 2021 o Día Mundial do Medio Ambiente baixo o lema Reimaxina, rexenera, restaura.

O Concello da Pobra lembra que a proposta do apagamento é unhas das máis de 50 actividades que se impulsarán nos concellos socios dentro do mencionado proxecto People & Planet e búscase desta maneira contribuír a acadar os Obxectivos de Desenvolvemento Sostible fixados polas Nacións Unidas e, especialmente, os ODS 13: adoptar medidas urxentes para loitar contra o cambio climático e os seus efectos.

Outros artigos

Nace o Club de Produto Enogastronómico Barbanza Arousa

A Mancomunidade Barbanza Arousa (formada por A Pobra, Rianxo, Ribeira e Boiro) botou a andar esta tempada o seu Club de Produto Enogastronómico, unha ferramenta de cooperación público-privada que nace co fin de contribuír á consolidación de Barbanza Arousa como...

+

Publicidade

PEL

Revista en papel

Opinión

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.