O Conservatorio de Ribeira lanza nas redes o ciclo Verán21

23 Xuño 2021

O Conservatorio de Música Profesional de Ribeira Enrique Paisal puxo en marcha nas súas redes sociais (Facebook e Instagram) o ciclo denominado Verán21. Ao igual que o ano pasado o obxectivo da iniciativa é “achegar á xente vía RRSS unha parte do traballo que o alumnado fixo durante este curso tan difícil xa que por mor da pandemia non se puideron organizar audicións con público”.

Dende a dirección do centro e do claustro de profesores e profesoras aproveitaron o lanzamento do ciclo para “felicitar unha vez máis a cada un dos alumnos e alumnas que neste curso tan complicado fixeron co seu esforzo e disciplina que os protocolos de seguridade anti-COVID funcionaran de xeito exemplar”.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Prioiridade nacional, onde e con quen?-“. Antón Luaces

“Prioiridade nacional, onde e con quen?-“. Antón Luaces

Dicir "os españois primeiro" é o equivalente a poñer en determinadas bocas citas indebidas e nas mans desas persoas a chave que só abre portas a moi concretos españois que, dende as opcións de VOX e outros partidos das súas  características, constatan que se...

“Leire”. Xulio Xiz

“Leire”. Xulio Xiz

Hai tempo que quería escribirlle a Leire, e funo deixando pero de hoxe non pasa. Pode parecer que lle escribo á Leire Díez que anda na boca de todos, pero prefiro outra ben mais inocente.Certo que hai tempo busquei no organigrama de Correos quen tiña autoridade no...