O Concello de Outes achega unha ampla oferta deportiva para este verán

16 Xuño 2021

O Concello de Outes presenta a oferta deportiva para verán. As escolas deportivas ofrecerán actividades de todo tipo, nas que poderán participar maioritariamente nenos e nenas, aínda que tamén haberá prazas para adultos e adolescentes.

O Centro Náutico Francisco Rama Vázquez ofrece cursos de vela, windsurf e kaiak de mar, así como actividades de iniciación á navegación. O curso de vela e de windsurf ten dous niveis: iniciación para os cativos e perfeccionamento para os adultos. O prezo do curso son 30 euros ao mes e é preciso saber nadar. Doutra banda, os cursos de kaiak poden ser individuais ou dobres e o prezo depende de cantas horas se alugue a embarcación. En canto ó aluguer de barcos, o custo depende do tipo de embarcación. Para esta actividade é fundamental ter unha licenza federativa. Ademais disto, o centro Náutico ofrece unha ruta aberta para todos os públicos. Esta é de balde e pódese realizar o sábado 31 de xullo ou o 14 de agosto.

Con todo, tamén haberá actividades no pavillón da vila e na Casa da Cultura. Levaranse a cabo cursos de zumba, pilates, full body e body jump. Todos as actividades comezarán o 31 de agosto e custarán 10 euros, agás o curso de zumba que terá un prezo de 5 euros ao mes.

No referente ao fútbol, haberá un campus en colaboración co FC. Outes, no que poderán participar nenos nados no 2015 ou anteriores. Tamén realizarase un torneo de fútbol e outro de tenis no mes de agosto.

Do mesmo xeito, as escolas deportivas ofrecerán cursos de tenis de mesa, de tenis, de raqueta, de atletismo, de fútbol e de piragüismo. O prezo é de 6 euros ao mes e os nenos que poderán participar deben ter idades comprendidas entre 5 e 7 anos.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“A vivenda” – José Manuel Pena

“A vivenda” – José Manuel Pena

É un ben de mercado para o negocio particular ou un dereito básico, fundamental e humano, como pode ser a educación, a sanidade, a prestación por desemprego ou a xubilación? A vivenda, en Galicia e no resto de España, continúa sendo un negocio e un ben de...