O Cantón da Leña da Pobra celebrará un mercado de artesanía local xuvenil o 3 de xullo

22 Xuño 2021

O Cantón da Leña celebrará un mercado de artesanía local xuvenil o 3 de xullo, en horario de 10.00 a 13.30 e de 16.00 a 20.00 horas. Esta proposta nace da man dun grupo de mozas e mozos do municipio e conta coa colaboración do Concello da Pobra do Caramiñal.

En termos xerais, o mercado constitúe a primeira das actividades que se desenvolverán durante a tempada estival no ámbito xuvenil coa aspiración de que sexan unha constante ao longo do tempo. Preténdese “contribuír á posta en valor do talento da xente nova da localidade”.

De feito, entre os obxectivos figuran apoiar e buscar novas saídas aos proxectos xuvenís existentes na zona, así como dar saída ás creacións das persoas que decidan participar neste mercado de artesanía. Neste intre, hai anotados catro postos que ofrecerán pezas elaboradas con diversas técnicas artesanais: dende resina epoxi a fío encerado e macramé.

As prazas son limitadas. Por iso, aquelas mozas e mozos que desexen participar dispoñen ata o día 1 de xullo para inscribirse mediante o enderezo electrónico mocidade@apobra.gal.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Prioiridade nacional, onde e con quen?-“. Antón Luaces

“Prioiridade nacional, onde e con quen?-“. Antón Luaces

Dicir "os españois primeiro" é o equivalente a poñer en determinadas bocas citas indebidas e nas mans desas persoas a chave que só abre portas a moi concretos españois que, dende as opcións de VOX e outros partidos das súas  características, constatan que se...

“Leire”. Xulio Xiz

“Leire”. Xulio Xiz

Hai tempo que quería escribirlle a Leire, e funo deixando pero de hoxe non pasa. Pode parecer que lle escribo á Leire Díez que anda na boca de todos, pero prefiro outra ben mais inocente.Certo que hai tempo busquei no organigrama de Correos quen tiña autoridade no...