Na Pobra o poemario de Andy da Fonte presentarase no Elma

21 Xuño 2021

O 25 de xuño é a nova data elixida para a presentación do libro Memorias dunha estrela sen luz, de Andy da Fonte.
Será no teatro cine Elma, a partir das 20.30 horas, en colaboración coa A. C. Barbantia e La Voz de Galicia.
Intervirán, ademais da propia autora, a concelleira da Cultura, Patricia Lojo (PSdeG-PSOE); o presidente da A. C. Barbantia, Manuel Cartea; e o escritor Antón Riveiro Coello.
O toque musical do evento correrá a cargo de Mallou, conformado por Sabela King e Benjamín Vázquez.
Seguiranse as medidas establecidas por mor da COVID-19, polo que as persoas que desexen asistir deben formaliza-la súa reserva mediante o teléfono de contacto 981831545.
Cómpre indicar que este acto formaba parte da programación impulsada dende a Concellaría da Cultura da Pobra do Caramiñal co gallo das Letras Galegas neste 2021.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Escoitar o vento”. Xosé Antonio López Silva

“Escoitar o vento”. Xosé Antonio López Silva

Cando a secretaria da Academia Sueca a chamou para comunicarlle a concesión do Nobel de Literatura, Anne Carson estaba en Islandia, segundo dixo, escoitando o vento. Aos setenta e seis anos, unha muller que viviu de ensinar grego antigo, traduciu a Safo e deulle nova...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.