As actividades realizadas pola rapazada como motivo do Día das Letras Galegas segue deixando agasallos entre os participantes.

Desta vez, efectuouse o sorteo de 35 lotes de premios entre todos os acertantes da primaria do xogo-concurso O Pasaporte de Xela¸consistente en cubrir un fragmento do poema pertencente ó libro Denuncia do equilibrio, de Xela Arias, autora á que se lle dedicou esta data.

A concelleira da Cultura, Patricia Lojo, acompañada da técnica municipal desta área, Fita Sanisidro, desprazáronse ata o CEP Pilar Maestú Sierra e o CEP Salustiano Rey Eiras para face-la entrega dun altofalante bluetooth, unha caixa de luz personalizábel, unha mochila e un caderno conmemorativo.