Na Pobra a peza audiovisual Noite Irisada proxectarase no Elma

23 Xuño 2021

O teatro cine Elma albergará no sábado 26, ás 20.30 horas, a proxección de Noite Irisada, un proxecto
audiovisual que recoñece, a través das voces protagonistas, a loita polos dereitos de gais e lesbianas en Galicia.
Esta actividade enmárcase na programación ao abeiro da campaña Liberdade de ser e sentir!, impulsada dende Políticas de Igualdade da Deputación da Coruña con motivo do Día da Diversidade Sexual, no 28 de xuño.
Seguiranse as medidas implantadas por mor da COVID-19, polo que se require inscrición previa mediante o teléfono de contacto 671090262.
Cómpre lembrar que o Concello da Pobra do Caramiñal, a través da súa área da Igualdade, da cal é titular a edil Charo Varela (Nós Pobra), súmase un ano máis á referida campaña que busca sensibilizar sobre a importancia da tolerancia e a igualdade das persoas, independentemente da súa orientación sexual e identidade de xénero.
Máis información na páxina web www.seresentir.gal.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Siete días vibrantes”. Mario Clavell

“Siete días vibrantes”. Mario Clavell

He visto el despegue del Falcon que el rey de España ha prestado al Papa para su vuelta a Roma. Y he pasado docenas de horas de la última semana viendo, oyendo y leyendo imágenes y textos nunca antes vistos u oídos: ¿con cuales quedarme para redactar esta columna...

“El gato de Cabo Verde” – Manuel Domínguez

“El gato de Cabo Verde” – Manuel Domínguez

El gato de Cabo Verde Cuarenta 40 años, imparable. Mi análisis, previo y post partido difiere de todos los comentaristas. España jugo bien, oportunidad de gol incluso toco el palo, manejo el balón un 80 % del tiempo. ¿Entonces como no marco un gol? Siempre que la...