En Outes, retirado un vertido incontrolado na pista do Pedregal

24 Xuño 2021

O Concello de Outes informou dunha nova actuación no termo municipal destinada a combater a proliferación de vertedoiros ilegais.

En concreto, os operarios procederon á retirada dunha acumulación de lixo e desperdicios existente nas inmediacións da pista deportiva do Pedregal, en San Cosme de Outeiro.

O Concello de Outes, co fin de visualizar o importante risco ambiental deste tipo de accións, ao que se suman os riscos económicos para os responsábeis destes vertidos (a través das importantes sancións determinadas), lembra que o municipio dispón dun punto limpo e dun servizo de recollida de voluminosos e que “é delito botar lixo e escombros en zonas non autorizadas”.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Colleita 2026, máis galega” – Xosé González Martínez

“Colleita 2026, máis galega” – Xosé González Martínez

Nunha mañá fría de xaneiro de 1936, ao pé do lume da lareira da Casa dos Ulloa, en Esposende (Ribadavia), Álvaro das Casas, escritor e dinamizador cultural do galeguismo, reuniu un grupo de colleiteiros do Ribeiro para propoñerlles a creación da Unión de Colleiteiros...

“La sociedad deslumbrada”. Alberto Barciela

“La sociedad deslumbrada”. Alberto Barciela

LA SOCIEDAD DESLUMBRADA Es más que probable que estemos viviendo deslumbrados, ciegos de tanta luz y de tanta pantalla, concibiendo ilusiones y expectativas vanas, ofuscados, enceguecidos. Creo que la palabra que todo lo puede sintetizar, al menos lo que quiero...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.