En Outes, limpeza de praias e espazos naturais

07 Xuño 2021

O concello de Outes acolleu estes días diversos traballo de limpeza e recuperación ambiental.

En primeiro lugar, o Concello deu conta do comezo das tarefas (con este primeiro de xuño) para limpar e poñer a punto os areais do termo municipal, comezando polo máis importante, o de Broña. Neste cometido están a traballar seis operarios temporais.

Por outra banda, coincidindo coa celebración esta fin de semana do Día do Medio Ambiente, o alumnado do IES Poeta Añón de Outes levou a cabo unha limpeza colectiva de diversas zonas do termo municipal recollendo lixo e deixando carteis solicitando a colaboración para manter o concello limpo.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“A vivenda” – José Manuel Pena

“A vivenda” – José Manuel Pena

É un ben de mercado para o negocio particular ou un dereito básico, fundamental e humano, como pode ser a educación, a sanidade, a prestación por desemprego ou a xubilación? A vivenda, en Galicia e no resto de España, continúa sendo un negocio e un ben de...