Condenado a catro meses de prisión un veciño de Rianxo por atentado e lesións á Policía Local

A Policía Local de Rianxo vén de compartir a sentenza do Xulgado do Penal número 2 de Santiago relativa a un veciño da localidade, que decretou catro meses de prisión e inhabilitación para sufraxio pasivo (a través de sentenza firme condenatoria) para un varón de Rianxo como autor de varios delitos de atentado e lesións a varios axentes do dito concello.

Os feitos ocorreron o día 18 de setembro de 2020 cando o agora condenado se atopaba en compaña de varias persoas consumindo bebidas na vía pública sen máscara e ao ser requirido para identificarse desobedeceu ditos requirimentos, proferindo insultos aos actuantes e dándose á fuxida. Foi alcanzado nas proximidades destes feitos, onde agrediu á patrulla actuante, concentrándose na zona un grupo dunhas 25 persoas dificultando o traballo dos axentes e tratando de impedir a detención, polo que una vez chegado apoio policial os actuantes víronse na obriga de facer uso dos gases de defensa para disolver á multitude alí presente e poder materializar a detención do agora condenado.

Durante a dita detención foi lesionado un dos actuantes aparte de sufrir danos diverso material policial.

Dita persoa tamén foi condenada a indemnizar ao policía lesionado ademais de ao Concello de Rianxo polos danos sofridos.