A Pobra solicita a inclusión da sobreira de Vilariño no Catálogo Galego de Árbores Senlleiras

04 Xuño 2021

O municipio da Pobra do Caramiñal presenta nas súas parroquias exemplares de árbores con características de
lonxevidade, singularidade e beleza, así como de especial relación social e cultural coa veciñanza, merecedoras da súa revalorización no patrimonio natural.
Un dos ditos exemplares é a sobreira de Vilariño, situada na parroquia de Santo Isidro de Posmarcos. Así, a Concellaría do Medio Ambiente, da cal é titular a edil Genoveva Hermo (Nós Pobra), enviou á Xunta, na véspera do Día Mundial do
Medio Ambiente, a solicitude para a súa inclusión no Catálogo Galego de Árbores Senlleiras, coa finalidade de conservala no tempo.
De entre tódalas sobreiras existentes no termo municipal, destaca a de Vilariño polas súas características de porte (cunha altura aproximada de 14 metros), idade (superior ós 100 anos) e vencellamento social e cultural coa veciñanza.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“La gente”. Mario Clavell

“La gente”. Mario Clavell

En mis tertulias oigo generalizaciones tales ‘la gente escapa de Compostela’ o ‘la gente está hasta el gorro de Pedro Sánchez’ …  ¿Quién es la gente’?, ¿la sociedad?, ¿la nación?, ¿toda la nación?, ¿la colectividad, la humanidad? ‘La gente’ es demasiada gente y...

“Agresións, vexacións e torturas” – José Manuel Pena

“Agresións, vexacións e torturas” – José Manuel Pena

Desde Amnistía Internacional e algúns medios de comunicación están a denunciarse varios casos de agresións, vexacións e torturas, por parte dun grupo de militares españois, cara a algúns migrantes africanos chegados á cidade autónoma de Ceuta, algúns deles menores de...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.