A Pobra organiza visitas a Sálvora e Ons

08 Xuño 2021

O Concello da Pobra do Caramiñal e a empresa Piratas de Nabia organizan por terceiro ano consecutivo as visitas guiadas ao Parque Nacional Marítimo-Terrestre das Illas Atlánticas. Así neste mes de xuño están programadas dúas excursións a Sálvora e Ons, con saída dende A Pobra.

O sábado 12, ás 19:00 horas, celebrarase a visita á illa de Sálvora, na coñecida ruta Starlight, cun prezo de 25 euros para persoas adultas e de 16 euros para nenos e nenas ata 12 anos.

A visita a Ons será o domingo 27, a partir das 9:30 horas, cun prezo de 22 euros para adultos e de 13 euros para a rapazada ata 12 anos.

Tódolos interesados poderán facer a súa reserva a través do teléfono 986 320 048 ou na páxina web de Piratas de Nabia. As prazas son limitadas.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Escoitar o vento”. Xosé Antonio López Silva

“Escoitar o vento”. Xosé Antonio López Silva

Cando a secretaria da Academia Sueca a chamou para comunicarlle a concesión do Nobel de Literatura, Anne Carson estaba en Islandia, segundo dixo, escoitando o vento. Aos setenta e seis anos, unha muller que viviu de ensinar grego antigo, traduciu a Safo e deulle nova...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.