A obra poética de Isaac Díaz Pardo editada por Xerais preséntase o día 2 na Pobra

28 Xuño 2021

O auditorio do Museo Valle-Inclán da Pobra do Caramiñal (Torre Bermúdez, Praza do Cantón da Leña) vai acoller o vindeiro 2 de xullo a presentación do libre editado por Xerais A mensaxe entre as sombras. Obra poética de Isaac Díaz Pardo (edición de Esperanza Mariño Davila).

Será ás 20.30 horas e contará coa presenza de Esperanza Mariño, profesora e responsable da edición do libro, Xesús Laíño, profesor e vogal da Asociación Cultural Barbantia e Xosé Lois Piñeiro, alcalde da Pobra. O acto vén da man da Asociación Cultural Barbantia e o Concello da Pobra.

Para acudir á presentación, cómpre reservar localidades na Concellería de Cultura da Pobra, na Casa da Cultura Raquel Fernández Soler, a través do teléfono 981 831 545. A reserva será efectiva unicamente cando se confirme desde a Concellería de Cultura da Pobra.

Outros artigos

Publicidade

PEL

Revista en papel

Opinión

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.