A Ecobrigada de Amicos pon a punto o Xardín Botánico das Bodegas Granbazán

02 Xuño 2021

A Ecobrigada da Asociación Amicos comezou este 2 de xuño as tarefas para a rehabilitación do Xardín Botánico das Bodegas Granbazán.

O obxectivo deste traballo é por en valor este enclave de importancia ambiental e paisaxística para a realización de eventos ao aire libre e catas de enoturismo nas que se dean coñecer os viños que produce esta adega emprazada na comarca do Salnés.

Os responsábeis da explotación destacan a importante oportunidade que lles brindou Amicos para o aproveitamento do xardín: “Queremos que este sitio quede enmarcado polo gran labor social da Ecobrigada”, indicaba Adolfo Picáns, director financeiro das Bodegas Granbazán, dende as que se botou man do equipo de traballo de traballo de Amicos, formado na súa maioría por persoas con discapacidade intelectual e autismo especializadas en achegar servizos de conservación de montes, parcelas rurais e xardíns.

Carina Vázquez, respondábel de Enoturismo en Granbazán

Dende Grabanzán indican tamén que o máis importante para eles é “poder dar unha oportunidade ás persoas con discapacidade” e o feito de que a actuación sexa “nun sitio tan relevante aínda o fai máis especial”. E engaden: “Estamos moi contentos coa forma de traballar da Asociación Amicos”, indicaban Adolfo Picáns e Carina Vázquez (responsábel de Enoturismo de Granbazán), explicando que elixiron a Ecobrigada e non unha empresa convencional polo seu importante valor social, que tamén vai en consonancia cos valores de RSC, calidade humana e familia que ten a Bodega.

Dende o equipo da Ecobrigada, aínda que acaban de comezar, están moi contentos: “É un gran reto a rehabilitación deste espazo, xa que ten unha manchea de especies vexetais diversas cun gran valor” así contaba a súa experiencia Carlos Vázquez, capataz da Ecobrigada deste equipo. A brigada desta actuación está constituída por un capataz e tres peóns forestais con discapacidade en risco de exclusión social.

Outros artigos

Convocada a XIII edición do Concurso de Poesía Albariza de Artes

O Centro Recreativo e Cultural de Artes, en colaboración co Concello de Ribeira (Área de Cultura) presentou o cartel e as bases do nova convocatoria do Concurso de Poesía Albariza de Artes, certame que alcanza este ano a súa décimo terceira edición. Esta iniciativa...

+

Unha delegación de Angola visita en Ribeira a Escola Náutico-Pesqueira

A alcaldesa de Ribeira, María Sampedro, acompañou no día de hoxe a unha delegación procedente de Angola durante a súa visita á localidade que arrancou na Escola Oficial Náutico-Pesqueira para coñecer o modelo pesqueiro galego, con especial énfase na pesca tradicional....

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Dereito a unha vivenda digna, sí; pero cómo?”. Antón Luaces

“Dereito a unha vivenda digna, sí; pero cómo?”. Antón Luaces

Como cidadáns españois todos temos dereito a unha vivenda digna e axeitada. De feito, a Constitución Española establece no seu artigo 47 que "tódolos españois teñen dereito" a disfrutar dela. O mesmo artigo recoñece que "os poderes públicos promoverán as condicións...

“Lo imposible es posible” – Manuel Domínguez

“Lo imposible es posible” – Manuel Domínguez

Lo imposible es posible. Antonio, (nombre ficticio), es un fumador desde los 14 años, con sesenta toma sus vinos y consume , ya no fuma cajetillas sino que él hace sus propios pitillos, artesanía, fue al médico, su futuro es no muy largo, sus venas son muy solidas,...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.