Na Pobra, entregado o material ás persoas seleccionadas na nova campaña de compostaxe

12 Xuño 2021

Este venres 11 de xuño fíxose entrega na Pobra dos composteiros domésticos e material divulgativo ás persoas seleccionadas nesta segunda campaña de impulso ao aproveitamento do lixo de natureza orgánica, ademais de impartir unha charla formativa a cargo dun biólogo ambiental que forma parte do equipo de Ventos Estudos Ambientais e quen tamén realizará o seguimento do proceso da compostaxe en cada un dos fogares participantes.

O Concello da Pobra do Caramiñal lembrou que este 12 de xuño, sábado, establecerase un posto informativo nos Xardíns de Valle-Inclán, en horario de 10.00 a 14.00 horas, co obxectivo de informar á veciñanza sobre a compostaxe doméstica e resolver todas aquelas dúbidas que poidan ter ao respecto.

O obxectivo é “dar continuidade ao proxecto iniciado no pasado ano para fomentar a separación na orixe e a xestión in situ de parte dos residuos xerados nos domicilios”, impulsado dende a Concellaría do Medio Ambiente da Pobra do Caramiñal, da cal é titular a edil Genoveva Hermo (Nós Pobra).

Estas accións encádranse nas actividades desenvolvidas pola Administración local arredor do Día Mundial do Medio Ambiente, no 5 de xuño. Así mesmo, atópanse ao abeiro da convocatoria da Orde de 5 de maio de 2020 pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión de axudas a entidades locais de Galicia para o financiamento de actuacións en materia de residuos de competencia municipal, cofinanciadas polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional con cargo ao programa operativo FEDER Galicia 2014-2020, e se procede á súa convocatoria en réxime de concorrencia competitiva para os anos 2020-2021.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Escoitar o vento”. Xosé Antonio López Silva

“Escoitar o vento”. Xosé Antonio López Silva

Cando a secretaria da Academia Sueca a chamou para comunicarlle a concesión do Nobel de Literatura, Anne Carson estaba en Islandia, segundo dixo, escoitando o vento. Aos setenta e seis anos, unha muller que viviu de ensinar grego antigo, traduciu a Safo e deulle nova...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.