Sondaxe veciñal na Pobra sobre a implantación provisional do sentido único nun treito do Camiño Real

21 Maio 2021

O Concello da Pobra do Caramiñal repartiu este 21 de maio unha serie de enquisas para coñecer o nivel de conformidade da veciñanza da rúa 2 da Ribeiriña, que se corresponde cun dos tramos do Camiño Real, en relación á aplicación provisional do sentido único de circulación na dirección A Pobra-Boiro, coa entrada establecida nas inmediacións da Mercé.

Consistorio da Pobra do Caramiñal

Con esta medida, a Administración local busca “a mellor solución posíbel ao problema de fluidez de tráfico rodado que había na referida vía, pois permitíase o tránsito en ámbolos dous sentidos, polo cal a estreiteza da rúa impedía o paso simultáneo de dous vehículos en direccións opostas, tal e como constataron os axentes da Policía local tralas demandas de varias persoas residentes e usuarias da zona”.

Agora, tralo período de proba, envíase este cuestionario “ante a imposibilidade de manter unha xuntanza presencial pola situación sanitaria actual, segundo manifestou o concelleiro da Seguridade, José Andrés Lojo (Nós Pobra)”.

O cuestionario deberase entregar cuberto no primeiro andar da casa consistorial ou a través do enderezo electrónico alcaldia@apobra.gal; establécese como data límite o día 28 de maio.

Aquelas persoas que non recibisen o documento poden recollelo no propio consistorio ou descargalo da páxina web www.apobra.gal.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“La gente”. Mario Clavell

“La gente”. Mario Clavell

En mis tertulias oigo generalizaciones tales ‘la gente escapa de Compostela’ o ‘la gente está hasta el gorro de Pedro Sánchez’ …  ¿Quién es la gente’?, ¿la sociedad?, ¿la nación?, ¿toda la nación?, ¿la colectividad, la humanidad? ‘La gente’ es demasiada gente y...

“Agresións, vexacións e torturas” – José Manuel Pena

“Agresións, vexacións e torturas” – José Manuel Pena

Desde Amnistía Internacional e algúns medios de comunicación están a denunciarse varios casos de agresións, vexacións e torturas, por parte dun grupo de militares españois, cara a algúns migrantes africanos chegados á cidade autónoma de Ceuta, algúns deles menores de...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.