Preséntase na Pobra o libro Memorias dunha estrela sen luz, de Andy da Fonte

25 Maio 2021

Adscrita á programación posta en marcha pola Concellaría da Cultura da Pobra do Caramiñal con motivo do Día das Letras Galegas, este 28 de maio celebrarase na localidade a presentación do libro Memorias dunha estrela sen luz, da poeta e activista local Andy da Fonte. Será no teatro cine Elma, ás 20.30 horas, en colaboración coa A. C. Barbantia e La Voz de Galicia.

Intervirán, ademais da propia autora, a concelleira da Cultura, Patricia Lojo (PSdeG-PSOE); o presidente da A. C. Barbantia, Manuel Cartea; e o escritor Antón Riveiro Coello.

A vertente musical do evento virá da man de Mallou, formado por Sabela King e Benjamín Vázquez.

Seguiranse as medidas implantadas por mor da COVID-19, polo cal as persoas interesadas en asistir deben realizar a súa reserva a través do teléfono de contacto 981 831 545.

Outros artigos

Publicidade

PEL

Revista en papel

Opinión

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.