O Campionato Galego de Trail disputarase na Serra do Barbanza esta fin de semana

27 Maio 2021

A Federación Galega de Atletismo organiza este domingo en colaboración ca Asociación Deportiva do Barbanza e co patrocinio do Concello de A Pobra do Caramiñal o VI Campionato de Xunta de Galicia de Trail.

A Serra do Barbanza acollerá así unha cita que gaña importancia e participantes cada ano. A competición disputarase tanto na modalidade de individual como na de por equipos, cunha cifra de participantes preto de cen. Entre os deportistas máis destacados atópanse Rubén Martínez, campión galego absoluto, seu irmán e subcampión galego, Carlos Martínez e Iván Roade, actual campión galego de montaña.

Na parte feminina o máis salientable será a presenza da subcampiona galega Eva de la Fuente, e Monserrat Carreira, subcampiona de Montaña máster 50. Na modalidade máster 50 Juan Rivas Castro e Juan Cameán son as figuras máis recoñecibles nesta categoría.

Outros artigos

Publicidade

PEL
PEL

Revista en papel

Opinión

“Cadaquén, da súa casa”. Luís Celeiro

“Cadaquén, da súa casa”. Luís Celeiro

Nun acto organizado por AlumniUSC e celebrado na facultade compostelá de Filosofía, unha charla-concerto en memoria de Begoña Caamaño e do seu legado, Francisco Castro recordoulles aosasistentes un feito do que se debe falar e presumir, polo seu interese social e por...

“En todo tempo. Os libros das Letras”. Pilar Sampedro

“En todo tempo. Os libros das Letras”. Pilar Sampedro

Cada ano e sobre o autor ou autora á que se lle dedica o Día das Letras Galegas aparecen unha serie de libros destinados ao lectorado infantil e xuvenil, especialmente para ser traballados na escola. Neste 2026 homenaxeamos a Begoña Caamaño, unha escritora que publica...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.