O 28 de maio levarase a cabo a segunda edición do curso de primeiros auxilios na Pobra

12 Maio 2021

O 28 de maio levarase a cabo a segunda edición do curso de primeiros auxilios en Pobra do Caramiñal, organizado pola Concellaría do Desenvolvemento Local e a Escola Galega de Saúde para Cidadáns. As clases impartiranse na Casa da Mocidade, das 10:00 ás 14:00 horas.

Segundo a edil Amparo Cerecedo, “repítese esta acción formativa dada a boa acollida que tivo a primeira convocatoria e para cubrir a demanda de persoas solicitantes”. De feito, as prazas xa están cubertas coas persoas interesadas que non entraron na primeira quenda.

O programa ten como obxectivo básico adquirir coñecementos sobre o manexo de situacións que requiran unha actuación de primeiros auxilios, ademais de aclarar dúbidas. Polo tanto, abrangue a atención inicial nas situacións de urxencia máis frecuentes tales como traumatismos, convulsións, crises epilépticas, dificultade respiratoria, dor torácica, queimaduras, perda de coñecemento, diabetes, reaccións alérxicas, picaduras, etc.

Outros artigos

Publicidade

PEL

Revista en papel

Opinión

“RiberCeuta”. Manuel Dominguez III

“RiberCeuta”. Manuel Dominguez III

El día que durante 24 horas la ciudad pasó a llamarse Riberceuta. Al margen de la solidaridad, Ribeira tiene una relación especial con Ceuta. Una jovencita ceutí, enamorara de un soldado español, haciendo la mili en Ceuta, se enamoró de él y abandono físicamente Ceuta...

“El anfiteatro de un pícaro”. José Castro López

“El anfiteatro de un pícaro”. José Castro López

Guardo en una carpeta noticias tan extrañas y sorprendentes que no serían creíbles comoverdaderas si no aparecieran publicadas en periódicos serios. Bueno, pues hace unosdías incorporé a ese peculiar archivo la historia de Franco Malosso, un ciudadano de lasiempre...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.