Na Pobra varias charlas dirixidas ao alumnado no Día Mundial Sen Tabaco abordaron a saúde bucodental

31 Maio 2021

Aproximadamente 140 alumnas/os de tres centros educativos do termo municipal (CEP Pilar Maestú Sierra, CEP
Salustiano Rey Eiras e IES da Pobra do Caramiñal) recibiron na xornada deste 31 de maio, Día Mundial Sen Tabaco, charlas da man do Colexio Profesional de Hixienistas Dentais de Galicia sobre cuestións de prevención de saúde
bucodental, con especial atención nos problemas que ocasiona o tabaco.
O estudantado participante tamén recibiu unha serie de agasallos para o coidado dos seus dentes e, ademais, efectuouse o sorteo dun cepillo eléctrico entre as/os asistentes de cada clase participante.
Unha serie de coloquios organizados pola Concellaría do Medio Ambiente da Pobra do Caramiñal, da cal é titular a edil Genoveva Hermo (Nós Pobra). Así mesmo, esta actividade enmárcase na iniciativa Praias sen fume impulsada pola
Xunta, a cal neste 2021 terá continuidade no concello e entre cuxos obxectivos se atopan promocionar unha vida sen tabaco e non normaliza-lo consumo do tabaco na sociedade. A referida campaña tamén inclúe unha xincana no
campamento de conciliación que se desenvolve durante o verán, ademais de que a praia dos Areos figura na Rede galega de praias sen fume.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“La gente”. Mario Clavell

“La gente”. Mario Clavell

En mis tertulias oigo generalizaciones tales ‘la gente escapa de Compostela’ o ‘la gente está hasta el gorro de Pedro Sánchez’ …  ¿Quién es la gente’?, ¿la sociedad?, ¿la nación?, ¿toda la nación?, ¿la colectividad, la humanidad? ‘La gente’ es demasiada gente y...

“Agresións, vexacións e torturas” – José Manuel Pena

“Agresións, vexacións e torturas” – José Manuel Pena

Desde Amnistía Internacional e algúns medios de comunicación están a denunciarse varios casos de agresións, vexacións e torturas, por parte dun grupo de militares españois, cara a algúns migrantes africanos chegados á cidade autónoma de Ceuta, algúns deles menores de...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.