Na Pobra charla destinada ás familias sobre prevención de condutas adictivas o 2 de xuño

13 Maio 2021

Dándolle continuidade ó proxecto relativo á prevención de condutas adictivas no ámbito escolar que se
materializou, primeiramente, a través de obradoiros dirixidos a estudantado de 4.° da ESO do IES da Pobra do Caramiñal, agora chega a quenda da charla destinada ás familias, que será impartida polo psicólogo Juan Carlos Permuy Bermúdez. O coloquio transcorrerá no Elma a partir das 19.00 horas do día 2 de xuño, seguindo as medidas implantadas por mor da COVID-19.
As persoas interesadas en asistir débense inscribir mediante a aplicación abalarMóbil, ata completa-la cabida máxima permitida actualmente.
Cómpre lembrar que o dito proxecto o impulsa o referido centro educativo en colaboración co Concello, a través da Concellaría dos Servizos Sociais, da cal é titular a edil Amparo Cerecedo (BNG), xurdido das xuntanzas periódicas
mantidas entre ámbalas partes implicadas.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Prioiridade nacional, onde e con quen?-“. Antón Luaces

“Prioiridade nacional, onde e con quen?-“. Antón Luaces

Dicir "os españois primeiro" é o equivalente a poñer en determinadas bocas citas indebidas e nas mans desas persoas a chave que só abre portas a moi concretos españois que, dende as opcións de VOX e outros partidos das súas  características, constatan que se...

“Leire”. Xulio Xiz

“Leire”. Xulio Xiz

Hai tempo que quería escribirlle a Leire, e funo deixando pero de hoxe non pasa. Pode parecer que lle escribo á Leire Díez que anda na boca de todos, pero prefiro outra ben mais inocente.Certo que hai tempo busquei no organigrama de Correos quen tiña autoridade no...