Na Pobra as crianzas da educación infantil recibiron os seus agasallos polas Letras Galegas

31 Maio 2021

Na xornada deste 31 de maio procedeuse co repartimento de agasallos ás e ós escolares da educación infantil
pola súa participación no xogo de colorear, debuxar ou aplicar calquera tipo de técnica plástica a unha silueta de Xela Arias impresa sobre papel; unha actividade adscrita á programación organizada pola Concellaría da Cultura da
Pobra do Caramiñal para a celebración das Letras Galegas neste 2021.
A concelleira da Cultura, Patricia Lojo (PSdeG-PSOE), e a técnica municipal desta área, Fita Sanisidro, efectuaron a entrega dunha mochila, dun mandil e dun estoxo para decorar con pinturas para cada nena e neno do EEI Fernández
Varela, do Monte Carmelo, e das unitarias do Vilariño, A Granxa e A Angustia.
As siluetas da poeta personalizadas polas crianzas serán expostas na casa da cultura Raquel Fernández Soler.
No que respecta ós obsequios para o estudantado da primaria e mais do instituto pobrense, o sorteo realizarase nos próximos días.

Outros artigos

Avanzan as obras para a conversión do Campo da Mina a herba artificial

O Concello de Boiro está a levar a cabo as obras para a conversión a céspede artificial do Campo de Fútbol da Mina, en Lampón. Nesta semana realizouse o pavimentado da superficie de xogo para a instalación do tapiz de herba artificial. As actuacións que se están a...

+

Publicidade

PEL
PEL

Revista en papel

Opinión

“Por qué mueren las aldeas” – Manuel Domínguez

“Por qué mueren las aldeas” – Manuel Domínguez

Por qué mueren las aldeas. Progreso de unos muerte de otros. Pasó en Portugal, pero podía ser aquí, y es aquí. Estaba en un viejo bar de aldea, cerca de una vieja estación de tren, estación que descansa en el olvido. Al otro lado en la aldea unas pocas casas...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.