Charlas ao alumnado da Pobra con motivo do Día Mundial Sen Tabaco

25 Maio 2021

Co gallo do Día Mundial Sen Tabaco, no 31 de maio, a Concellaría do Medio Ambiente da Pobra do Caramiñal, da cal é titular a edil Genoveva Hermo (Nós Pobra), organiza unha serie de charlas que serán impartidas polo Colexio Profesional de Hixienistas Dentais de Galicia no CEP Pilar Maestú Sierra, no CEP Salustiano Rey Eiras e no IES da Pobra do Caramiñal.

Tobacco cigarette butt on the beach sand.

Así, os coloquios dirixiranse a aproximadamente 140 alumnas/os dos referidos centros educativos para lles explicar cuestións de prevención de saúde bucodental, “con especial atención nos problemas que ocasiona o tabaco”, segundo informou o Concello

Esta actividade enmárcase na iniciativa Praias Sen Fume impulsada pola Xunta, a cal neste 2021 terá continuidade no concello da Pobra e entre cuxos obxectivos se atopan promocionar unha vida sen tabaco e non normalizar o seu consumo na sociedade. A referida campaña tamén inclúe unha xincana nos campamentos de conciliación que se desenvolven durante o verán, ademais de que a praia dos Areos figura na Rede Galega de Praias Sen Fume.

Outros artigos

O filme Salvaxe, Salvaxe proxéctase o 16 de outubro na Pobra

O vindeiro venres 16 de outubro, o Cine Elma da Poboa do Caramiñal acolle a proxección de Salvaxe, salvaxe, película incluída na programación contratada pola Deputación da Coruña dentro do seu compromiso co impulso da cultura e co acceso á actividade cultural nos...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Juan Magán” – Xulio Xiz

“Juan Magán” – Xulio Xiz

Estes días, Merce e máis eu, mergullámonos cada día no multitudinario ambiente festeiro, disfrutamos coa venerable presencia de Celtas Cortos e ousamos asistir ao concerto de Juan Magán. Con relativo coñecemento do actual mundo musical, que navega de Camilo a India,...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.