Barbanza Arousa lanza a campaña Conserva A Orixe para apoiar a hostalería e promocionar a conserva

23 Maio 2021

A Mancomunidade Barbanza Arousa lanza a campaña “Conserva A Orixe” contando coa participación de conserveiras, establecementos de hostalería e as adegas da IGP Barbanza e Iria. O principal obxectivo da mesma é o relanzamento e apoio ao turismo, a través da posta en valor dos produtos gastronómicos do territorio.

Nesta campaña participarán ao redor de 40 establecementos de hostalería de Barbanza Arousa, nos que se poderán degustar conservas de categoría Premium e os viños das adegas da IGP Barbanza e Iria. Así mesmo, as degustacións tamén terán premio.

A campaña, dirixida ao turista de proximidade e tamén aos propios veciños de Barbanza Arousa, arrinca o vindeiro venres día 28 de maio e o xoves día 27 presentarase a prensa as datas, condicións de participación e os premios que conleva dita campaña.

Outros artigos

Publicidade

PEL

Revista en papel

Opinión

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.