Barbanza Arousa espertou en FITUR o interese de operadores de turismo nacionais e internacionais

24 Maio 2021

A Mancomunidade Barbanza Arousa (a fronte turística impulsada polos Concellos de Ribeira, A Pobra do Caramiñal, Boiro e Rianxo) fixo balance da súa participación en FITUR, a feira turística máis importante do ámbito estatal clausurada este domingo, e os resultados foron ben positivos. Segundo confirmou a entidade, a presenza de Barbanza Arousa espertou moito interese entre os operadores de turismo nacionais e internacionais, tanto polos produtos que ofrece o noso destino (produtos de natureza e náuticos, culturais, etnográficos, arqueolóxicos ou literarios) como polo seu carácter de punto de encontro sustentábel medioambientalmente e responsábel en materia de seguridade sanitaria.

Manuel Ruiz, alcalde de Ribeira, presentando A Orixe na compaña dos rexedores de Boiro, Rianxo e A Pobra

En concreto, a mancomunidade presentou o seu itinerario turístico xacobeo marítimo-terrestre (O Camiño A Orixe, recentemente oficializado e que, tal e como se lembrou en FITUR, xa permite obter a Compostela) e mantivo xuntanzas cos principais operadores de turismo a nivel nacional e internacional para presentar os diferentes produtos que ofrece este destino. Nestas reunións puxéronse sobre a mesa os produtos de Barbanza Arousa e os segmentos de mercado actuais e potenciais como son o familiar, o de parellas e o de pequenos grupos de amigos; ademais daqueles máis específicos como os de turistas culturais e os de navegantes, “posto que nos atopamos nunha ría cunhas inmellorábeis características para a navegación”, confirmou a mancomunidade.

A Orixe

Segundo fixeron saber os nosos concellos en FITUR, A Orixe é unha ruta xacobea dividida en seis etapas que transcorre polo catro municipios de Barbanza Arousa; Ribeira, A Pobra do Caramiñal, Boiro e Rianxo; amais de “ser un produto de gran singularidade e apto para diferentes públicos, incluído o familiar, pola súa baixa dificultade no seu percorrido”.

A mancomunidade tamén enxalzou no salón madrileño as interesantes opcións da Serra do Barbanza para o sendeirismo, as súas rutas literarias, os seus centros históricos e os deportes acuáticos, entre outras propostas de interese para a súa comercialización.

Con varios acordos pendentes de terminar de perfilar, Barbanza Arousa aborda a comercialización de todos os seus produtos nos próximos meses como destino de litoral sustentábel.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Colleita 2026, máis galega” – Xosé González Martínez

“Colleita 2026, máis galega” – Xosé González Martínez

Nunha mañá fría de xaneiro de 1936, ao pé do lume da lareira da Casa dos Ulloa, en Esposende (Ribadavia), Álvaro das Casas, escritor e dinamizador cultural do galeguismo, reuniu un grupo de colleiteiros do Ribeiro para propoñerlles a creación da Unión de Colleiteiros...

“La sociedad deslumbrada”. Alberto Barciela

“La sociedad deslumbrada”. Alberto Barciela

LA SOCIEDAD DESLUMBRADA Es más que probable que estemos viviendo deslumbrados, ciegos de tanta luz y de tanta pantalla, concibiendo ilusiones y expectativas vanas, ofuscados, enceguecidos. Creo que la palabra que todo lo puede sintetizar, al menos lo que quiero...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.