Outes lanza tres rutas para coñecer (e camiñar) o seu rico patrimonio

27 Abril 2021

O Concello de Outes, co fin de dar a coñecer os seus moitos tesouros culturais, paisaxísticos e ambientais (ao tempo que promove os hábitos sociais e turísticos saudábeis e sustentábeis), vén de impulsar a iniciativa Camiñando o noso patrimonio, que sae de partida con tres andainas abertas á participación de residentes e visitantes.

O prazo de inscrición para a primeira camiñada, Historia e espiritualidade en Roo, abriu este luns 26 e remata este 30 de abril, podendo formalizarse na Casa da Cultura ou a través do teléfono 981 850 950. Celebrarase o 2 de maio, a partir das 10.00 horas e con saída da Igrexa de Roo. Serán seis quilómetros de percorrido presentando dificultade moderada.

A segunda ruta, Camiñando cara a orixe do concello de Outes, será o 16 de maio, con saída da Eira do Carme (Brión de Arriba) ás 9.00 horas. Serán 9 quilómetros de camiñada, con dificultade moderada.

A terceira andaina, A Torre dos Muros e Fervenzas de San Paio, está programada para o 30 de maio. Será ás 10.00 horas, con saída na Igrexa de San Lourenzo. A distancia a percorrer é de 6,3 quilómetros (dificultade moderada).

As prazas por quedada serán limitadas: 25 por cada ruta.

Outros artigos

Publicidade

PEL

Revista en papel

Opinión

“De momento… no es así…”. José Fernández Lago

“De momento… no es así…”. José Fernández Lago

Puedo continuar afirmándolo porque lo veo con toda claridad, después de haber estado siempre atento a lo que sucedía. Sí, aunque otros de quienes cabría esperar que estuvieran comprometidos en ello no hayan respondido adecuadamente, yo he estado siempre inmerso en lo...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.